Circular 439/12
A meirande parte das librarías
galegas rebélanse contra da subida do IVE.
As librarías galegas non aplicarán a
suba do IVE no material escolar ata mediados de outubro, malia que a medida
entrará en vigor o próximo 1 de setembro. Así confirmouno ao vicepresidente da
nosa Federación, o voceiro da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio
Fernández Maira, que explicou que as
librarías atrasarán a suba do imposto ata o 15 de outubro para "solidarizarse cos pais na volta ao cole
nestes momentos de crise".
Esta medida intenta evitar que as familias anticipen as compras e adquiran así máis do necesario, intentando aforrar a suba do IVE. A medida tomouse ante a preocupación detectada entre os pais.
Tamén hai que ter en conta o esforzo que isto supón para os libreiros galegos, os cales asumirán os custos. Esta recomendación de manter os prezos no material escolar será avalada por practicamente todas as librarías galegas.
Este acordo adoptouse pola inmensa
maioría dos 230 libreiros asociados os cales serán identificados co cartel que
achegamos.
Recibide un fraternal aperta e
cordial saúdo.
XUNTA DIRETIVA.
Asdo.:
Lóis Uxío Taboada Arribe.
Vicepresidente.