CONFAPA-GALICIA
SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE
Á
FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA
ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS
Entre
outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga
para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera
que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente
do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen
precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes
recortes na educación pública que, no contexto actual, vense
agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente
inaceptables.
Iniciamos
un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos;
pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias,
ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da
Comunidade Educativa, eleven a súa voz
para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a
seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno,
que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.
Alumnos e pais estamos
soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que
castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono
educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É
intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a
tomar.
Sobran os motivos, mais
queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias
movilizarémonos conxuntamente porque:
--Non
aceptamos un novo cambio de Lei educativa.
A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en
modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer
agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o
actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras
para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando
datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos
contrastados.
--Non
aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio
exclusivo da iniciativa privada,
desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da
educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a
vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e
facer cumprir o marco legal vixente.
--Non
aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás
familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis,
creándoas onde non existían- , incumplindo
o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de
acceso en igualdade de condicións.
--Non aceptamos que que
os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao
profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que
goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío,
nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e
dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen
bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans
da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En
definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA
AQUÍ CHEGAMOS
e
esiximos,
--O cese fulminante do
Ministro Wert e de todo o seu equipo
--A retirada inmediata do
inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
--A paralización
inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino
público
--A apertura, cun novo
equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes
sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso
preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.
FACEMOS
UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS
para
que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais,
consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para
defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que
facilitedes a posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo
as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas
manifestacións de estudantes a celebrar na mañán do día 17 e,
todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do
día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito,
pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos
piquetes informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar
unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde
nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese
camiño.
Cadro de accións semanal
Noticia de: