A Concellaría de Educación vai poñer en marcha unha
actividade, de carácter gratuíto e
periodicidade mensual, consistente nunha serie de charlas e actividades de
asesoramento e apoio ás familias.
QUE É? A escola de nais e pais é un
espazo de encontro, comunicación, formación e reflexión dirixido a mellorar a
competencia educativa dos pais e nais con nenos/as escolarizados.
DESTINATARIOS: Familias con nenos e nenas
escolarizados/as nos niveis educativos de Educación Infantil, Educación
Primaria ou Educación Secundaria Obrigatoria. Non é preciso anotarse
previamente.
METODOLOXÍA. Metodoloxía aberta e
flexible, baseada na interacción e participación. Combina a formación teórica
dos pais/nais con actividades prácticas nas que poderá observarse a aplicación
práctica dos contidos expostos.
CONTIDOS. Comunicación entre pais/nais
e fillos/fillas, e familia/escola. Normas e límites. Problemas de conduta.
Relación familiar na etapa da adolescencia. Influencia das novas tecnoloxías
nos nenos/as.
DATAS.
Terá lugar o
último mércores de cada mes: 29 de xaneiro, 26 de febreiro, 26 de marzo, 30 de
abril, 28 de maio.
HORARIO. A actividade ten unha duración de
hora e media e comeza ás 20:30 horas