EDUCACIÓN
A Concellaría de Educación informa que aínda quedan lotes para o préstamo no Banco de Libros do Concello para 5º de primaria
10/09/2012
A dous días escasos do comezo do curso
escolar en infantil e primaria a Concellaría de Educación informa que no
Banco de Libros do Concello de Teo aínda quedan lotes de libros que
poden ser usados por alumnos/as de 5º de primaria. A edil María Álvarez
Garea explica que “neste momento quedan exemplares tanto para o centro
da Ramallosa, coma para Calo, nos dous casos para 5º”.
As familias interesadas en beneficiarse do Banco de libros impulsado
dende o Concello poden achegarse á Aula de informática, no Centro
Sociocultural da Ramallosa e cubrir a ficha de solicitude. A concelleira
de Educación explica que a maior demanda neste primeiro ano de
funcionamento do servizo de préstamos foi de libros de 6º de primaria,
polo que as familias solicitantes á súa vez, cederon lotes do último
curso, neste caso 5º de primaria.
O Concello de Teo, a través da concellería de Educación poñía en marcha
este verán un Banco de Libros para que as familias puideran compartir
libros de texto e de lectura en bo estado. Esta iniciativa busca servir
de apoio económico ás familias.