Co gallo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional das
Mulleres, a Concellaría de Igualdade do Concello de Teo, a través do Centro de
Información ás Mulleres, convoca o concurso de fotografía “Olladas en
igualdade“. Consulta
aquí as bases completas
Este concurso ten como finalidade promover valores que diminúan os prexuízos
e os estereotipos de xénero, fomentando un cambio de mentalidade e a
consolidación de valores culturais de igualdade de oportunidades,
corresponsabilidade, conciliación da vida persoal, familiar e laboral, etc. e,
en xeral, promover a eliminación de obstáculos que impiden a libre participación
das mulleres na vida política, social, económica e cultural.
As
fotografías deben representar os valores de igualdade entre homes e mulleres,
desde calquera punto de vista e ámbito (por exemplo, a corresponsabilidade nas
tarefas domésticas, ocio en igualdade, a conciliación da vida laboral, familiar
e persoal, a incorporación das mulleres ou dos homes a profesións
tradicionalmente consideradas do outro sexo, etc.).
O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras segundo se axeiten ou
non á temática requirida. Non se aceptarán nin publicarán arquivos con contidos
contrarios ao dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia
imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.
Dirixido:
Poderá participar no concurso calquera persoa empadroada no Concello de Teo
que non se dedique profesionalmente á fotografía nunha das seguintes
categorías:
- Ata 12 anos
- De 13 a 17 anos
-
Desde 18 anos
Para computar a idade tomarase como referencia o 8 de marzo do
2013.
Quedan excluídos da participación os membros do xurado. O persoal do Concello
de Teo poderá presentar fotografías pero quedará fóra do concurso.
Lugar de solicitude: A participación no concurso é
gratuíta e as fotografías poderanse presentar nun CD ou nunha USB no Centro de
Información ás Mulleres (CIM) dentro do seu horario de atención ao público (de
luns a venres, de 8:00 a 15:00 h) ou enviándoas ao enderezo electrónico
cim@concellodeteo.com
En ambos casos, deberá achegarse a seguinte documentación (en papel, se a
entrega é no CIM, ou escaneada no caso da presentación electrónica):
- Ficha de inscrición que se xunta debidamente cuberta e asinada pola persoa
participante, ou por quen a represente legalmente no caso de ser menor de
idade.
-
Se na fotografía aparecen persoas diferentes de quen participa, achegarase
tamén o formulario que se xunta debidamente cuberto e asinado, no que manifesten
a súa autorización para a realización da fotografía, así como a vontade de ceder
expresa e gratuitamente a súa imaxe para os fins previstos na base sétima in
fine deste concurso.
A falta dalgún destes requisitos suporá a descualificación automática da
fotografía.
Prazo:
O prazo de recepción das fotografías estará aberto desde a publicación destas
bases na páxina web do concello de Teo ata ás 15:00 h do 4 de marzo de 2013. Non
participarán no concurso as fotografías recibidas con posterioridade ao prazo
sinalado.
En prazo de presentación: 08/02/2013 -
04/03/2013
Desde 18 anos
Se na fotografía aparecen persoas diferentes de quen participa, achegarase
tamén o formulario que se xunta debidamente cuberto e asinado, no que manifesten
a súa autorización para a realización da fotografía, así como a vontade de ceder
expresa e gratuitamente a súa imaxe para os fins previstos na base sétima in
fine deste concurso.