A Concellaría de
Benestar, Igualdade e Participación Veciñal, dirixida por Ignacio
Iglesias, quere impulsar o voluntariado de acompañamento. Para eso
convócase unha reunión o xoves 21 de febreiro ás 20:00 horas no salón de
plenos do Concello de cara a informar ás persoas interesadas. Se queres
facerte voluntario podes descargar a ficha de inscrición premendo aquí
O edil de Benestar destaca “o bo funcionamento do
programa de voluntariado posto en marcha a finais do ano pasado, xa que
temos en marcha o banco de alimentos municipal que atende a oito
familias de xeito estable grazas á colaboración de 9 voluntarios”. Agora
quérese comezar o voluntariado de acompañamento, para o que se anima a
aquelas persoas maiores de 18 anos que teñan unha dispoñibilidade
horaria de xeito habitual polo menos dunha hora.
O
voluntariado de acompañamento está orientado a estar con persoas
maiores ou dependentes para pasar un anaco de tempo con eles, ou
realizar actividades como pequenos paseos ou lectura. Iglesias explica
que xa hai persoas interesadas en colaborar con esta área do
voluntariado pero precísanse máis, así como nos outros programas que xa
están funcionando, o banco de alimentos e o roupeiro municipal.
Despois
da reunión do 21 de febreiro planificarase unha formación para os
voluntarios interesadas en facer acompañamento que será impartida por
persoal do servizo de axuda no fogar.
As
persoas que desexen máis información sobre o programa de voluntariado
do Concello de Teo poden achegarse aos Servizos Sociais municipais ou
chamar ó teléfono 981 809 707.
No hay comentarios:
Publicar un comentario