No marco das accións solidarias que a ANPA Río Tella do colexio CEIP A Ramallosa realiza, propoñemos colaborar conxuntamente co colexio na campaña de recollida de alimentos que o Concello de Teo leva a cabo a través do “Banco Veciñal de Alimentos” para axudar a familias que atravesan unha situación de precariedade económica.
A partires do día 15 de marzo @s nen@s poderán levar ao colexio productos alimenticios tales coma leite, latas de conserva e productos secos (arroz, pasta, azúcar, garabanzos, etc) Aproveitamos para recordar que o Concello tamén ten en marcha o roupeiro municipal que funciona no primeiro andar da escola de Rarís, no lugar da igrexa desa parroquia. Está aberto para entrega e recollida os xoves de 16:30 a 18:00 horas. Se alguén quere entregar roupa noutro momento debe saber que hai varios colectores (diante da escola de Rarís, na mediateca de Cacheiras e no concello) nos que se pode depositar. Dende os servizos sociais lembran que debe ser roupa en bo estado, limpa, dobrada e en bolsas impermeables para que no caso de que chova non se estrague.
No hay comentarios:
Publicar un comentario