O currículo de Educación Infantil, sinala no seu artigo 3º.
1. A finalidade da Educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.
2. Na educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais facilitarase que nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos, positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
Polo tanto, calquera actividade educativa plantexada dentro da escola, debe incidir e axudar a acadar os fins arriba expostos. Como mestra responsable, das actividades de apoio educativo e en estreita coordinación coas mestras titoras dos vosos fillos e fillas, a miña proposta pretende ser coherente cos obxectivos, contidos e metodoloxía que o currículo fixa para esta etapa educativa, conferíndolle a mesma importancia a todas as situacións de aprendizaxe.
O motor principal da acción educativa debe ser, polo tanto, o desenvolvemento integral da persoa, a través de experiencias e actividades didácticas de carácter lúdico, partindo da realidade individual de cada criatura para chegar a acadar, de xeito gradual , os obxectivos sinalados para esta etapa educativa. Ademais o noso currículo no seu anexo II, recolle a importancia de introducir xa desde esta etapa educativa as oito competencias a desenvolver e á acadar ao longo do ensino básico. Pensamos que estas actividades son un exemplo de proposta globalizada para o logro de todas as competencias, con especial incidencia na competencia en comunicación lingüística, competencia cultural e artística, social e cidadá, competencia na interación co mundo físico, competencia para aprender a aprender e por suposto “autonomía e iniciativa persoal”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario