CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA ‘RÍO TELLA’
ORDE DO DÍA
A ANPA ‘Río Tella’ convoca aos pais e nais do CEIP da Ramallosa a unha asemblea ordinaria que terá lugar o vindeiro VENRES, 25 DE ABRIL no Salón de Actos do CEIP da Ramallosa, ás 19.30 horas en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas en segunda, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
- Información sobre a organización do festival solidario de fin de curso promovido pola ANPA
- Excursión de fin de curso da ANPA
- Información sobre Renovación de cargos na directiva da ANPA
- Rogos e preguntas
Queremos chamar á vosa atención sobre a importancia da asistencia a esta asemblea, na que se informará do proceso de renovación da directiva da ANPA, que logo de varios anos de traballo ve a necesidade dunha renovación. Deste xeito, animámosvos a que consideredes a posibilidade de formar parte dun novo equipo directivo da ANPA, unha actividade que agora máis que nunca é fundamental para garantir o dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación pública de calidade. De non existir candidatos ou candidatas dispostos a exercer esta responsabilidade, procederíase á disolución da ANPA, o que levaría asociado a desaparición dunha serie de servizos (actividades extraescolares, servizo de madrugadores), así como de
ingresos económicos a través de subvencións imprescindibles para diversas actuacións coas que se sufragan melloras no centro e outras actividades. Agardamos a vosa asistencia.
Sen outro particular, recibide un cordial saúdo. ANPA ‘Río Tella’
No hay comentarios:
Publicar un comentario