Qué din que
se pretende con esta proba de avaliación de 3º de primaria:
·
Comprobar o grao de dominio das destrezas
en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en
relación coa adquisición de competencia en comunicación lingüística e da
competencia matemática.
·
Ten carácter informativo e
orientador, e debe servir para:
o
Aportar información individualizada
de cada alumno ou alumna, contribuíndo á detección de dificultades de
aprendizaxe.
o
Aportar orientación e información
aos centros educativos para adoptar medidas de mellora en función dos
resultados obtidos polo seu alumnado.
o
Aportar información ás familias
sobre o progreso de aprendizaxe, para poder tomar decisións e establecer
medidas de mellora.
Para que dicimos
en ANPAS GALEGAS que serve esta proba:
·
Para incrementar o traballo
administrativo dos centros escolares xusto durante a fin do curso.
·
Para provocar un estado de tensión
estéril nos escolares de 3º de primaria.
·
Para obter resultados falsos,
porque están contaminados pola descontextualización e pola dependencia da
situación puntual na que se obteñen.
·
Para poñer de manifesto novamente a
discriminación do alumnado NEAE, a quen se lle deixa facer a proba, pero cuxos
resultados non computarán porque realmente non se quere que participen do
proceso educativo.
·
Para desprezar publicamente o
traballo constante dos titores e titoras destes cursos avaliados, xa que os
resultados do centro e do alumnado non se valoran por un curso completo senón
por un exame puntual no que non se permite a súa participación.
·
Para desprezar ás familias, porque
só estamos presentes para “recibir información”, como se non participaramos na
educación dos nosos fillos, a través do contacto co seu profesorado, pero tamén
mediante o traballo directo e permanente cos nosos fillos e fillas.
·
Para crear clasificacións de
colexios, de grupos, de alumnado, de profesorado, de equipos docentes, de
barrios, de zonas xeográficas…; e a consecuencia inevitable das clasificacións
son os guetos, porque quen poida escapará dos “malos colexios” e crearanse
grupos falseados dende o punto de vista social, tanto de “favorecidos” como de
“desfavorecidos”, rompendo o principio de equidade que debe gobernar a escola
pública; pero tamén rompendo dun golpe coas xa escasos logros conseguidos na
inclusión da diversidade.
·
Para considerar de menor
importancia aquelas competencias que non van ser avaliadas, o coñecemento do
medio, a música, a plástica, a educación física, e aquí en Galicia tamén o
inglés (nas Comunidades Autónomas monolingües as probas de competencia
lingüística faranse en castelán e inglés, pero aquí o inglés non vai ser
avaliado) malia a defensa constante que se fai desta disciplina por parte da
Xunta de Galicia. E isto traerá como consecuencia que estas materias “de
segundo nivel” irase abandonando para traballar máis aquelas “das que se poida
tirar máis rendemento”·.
·
Para retroceder na procura dunha
educación de competencias e non de contidos; se te van avaliar polos contidos
que coñeces ese vai ser o obxecto dos teus estudos.
·
Para desprezarnos a nós mesmos; a
nosa contorna, a nosa organización vital, os nosos valores e costumes non teñen
importancia e non se avalía o seu coñecemento e interiorización, a competencia
matemática valorarase en castelán, e a nosa lingua só serve para ser auto avaliada;
o único para o que serve o galego é para falar galego, pero sempre que non
falemos de cousas “importantes”.
·
Para gastar inutilmente os nosos
recursos públicos: logo de anos de recortes, agora imos gastar para avaliar
cómo estamos logo de estar recortados. Un absurdo.
·
Para xustificar calquera medida
posterior: unha proba realizada por uns nenos e nenas de oito anos, que están
fóra do paraugas protector do seu titor ou titora, pode dar como resultados
calquera cousa ou a contraria.
POR ISO EN ANPAS GALEGAS
·
Rexeitamos as reválidas, todas,
pero esta especialmente porque está aí xa, e porque vai contra os máis pequenos
dos nosos nenos e nenas.
·
Apoiamos ás familias que decidan
non enviar aos seus fillos e fillas á escola durante os días nos que se
organicen estas probas.
·
Chamamos ás familias para que
manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se
acompaña.
·
Expresamos publicamente o noso
rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións e a todas
as anpas a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas
web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios, etc.
·
Esiximos nova e constantemente a
derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo.