O pasado día 12 de xuño de 2015 celebramos no CEIP dá Ramallosa el Festival Solidario Deportivo ANPA Rio Tella no Pavillón de Deportes Ezequiel Mosquera do Concello de Teo e no propio CEIP A Ramallosa.
Durante a xornada realizáronse o campionato de Judo nas súas diferentes categorías e as exhibicións de Ballet, Ximnasia, Circo e Inglés, pertencentes, ao igual que Judo ás actividades extraescolares programadas polo ANPA Rio Tella no curso 2014/2015.
A participación foi numerosa contando con máis de 300 nenos, tanto en Judo como no resto de actividades.
Durante todo a tarde e en diversas localizacións do reciento do CEIP A Ramallosa, contouse con inchables, animación de xogos, paseo en cabalo e demostración de béisbol.
O ANPA Rio Tella, instalou un pequeno mercado solidario con achegas do Roupeiro Municipal de Teo e un punto de recollida para o Banco Veciñal de Alimentos de Teo, onde se recolleron máis de 100 Kg de alimentos, así como un peto solidario a favor de ASPAMITE.
Unha representación de ASPAMITE acompañounos durante toda a xornada. Agradecemos a súa presenza e o apoio que nos brindaron.
Como mostra de agradecemento dirémosvos que contamos co apoio desinteresado de:
- Gadis, coa achega de auga e froita para os participantes no campionato de de Judo.
- Arc Os Tilos, por facernos pasar una excelente tarde con xogos tradicionáis e animación para os mais pequenos.
- Club de Béisbol e sófbol Os Tilos, realizando unha demostración práctica deste deporte, que incluiremos como actividade extraescolar o próximo ano se hai suficiente demanda.
- Ultreia Centro Ecuestre, por participar no Festival facendo as delicias dos nenos montando os seus preciosos cabalos.
- Javier Rial, profesor de judo nas actividades extraescolares do ANPA Rio Tella e por extensión ao seu equipo por facer posible un gran campionato de Judo e axudar ao ANPA Rio Tella na organización do Festival.
O ANPA Rio Tella estamos agradecidos aos profesores do CEIP que se achegaron para arrouparnos e ao Concelleiro Anxo Rei pola súa presenza no Festival.
Pedimos igualmente desculpas polas cousas que puidesen saír mal, e animádevos a todos os pais do CEIP a participar no ANPA como membros activos e a colaborar nas próximas actividades para o próximo curso 2015/2016.
Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario