29 de septiembre de 2016
27 de septiembre de 2016
INSCRICIÓN DEFINITIVA DAS ACTIVIDADES 2016/2017
Para poder estar inscritos na actividade, é necesario entregar este documento correctamente cumprimentado e entregalo en conserjería xunto co xustificante de pago. No caso de irmáns pódese entregar un só xustificante de pago acompañado de dous documentos de inscrición. Non se admitirán inscricións sen xustificante. Prazo máximo 14 de outubro de 2016.
No ingreso bancario é importante que indiquedes no concepto o nome e apelidos d@ nen@ así como das actividades nas que se inscribe, non da persoa que fai o ingreso. Exemplo: ANXO COUTO MIRÁS - JUDO.
La Caixa (CaixaBank): ES7601334717424200001103 Travesía de Cacheiras, 69. 15883 Cacheiras (Teo)
6 de septiembre de 2016
ALTA E RENOVACIÓN DOS SOCIOS DA ANPA RIO TELLA. SERVIZO DE MADRUGADORES
Desde o ANPA Río Tella queremos darvos a benvida a
este novo curso 2016/2017.
Como sabedes o
luns 12 comezan as clases así como o servizo de madrugadores do ANPA. Este
servizo ten prezos especiais para os socios do ANPA.
Para poder
beneficiarvos destes descontos é necesario realizar a inscrición e o pago
correctamente.
Este ano temos
unha nova folla de inscrición para socios, é necesario cumprimentala
correctamente (utilizar letra maiúscula). Este
formulario é para todos os socios, novos e renovacións.
Para aqueles
usuarios do servizo de madrugadores, habilitamos un prazo de pago para a cota
de socios de 10 días polo que deberá entregar o formulario co xustificante
bancario de ingreso na secretaría do colexio antes do día 26 de setembro de
2016. A cota de socio é de 20 €.
As actividades
comezarán en outubro. Durante o mes de setembro realizaremos unha preinscrición
e posteriormente unha inscrición naquelas actividades que alcanzasen o número
mínimo de alumnos para poder realizala.
A inscrición e
pago da cota de socios para as actividades terán outro prazo, xa que dependerá
das actividades finalmente ofertadas.
As follas de
inscrición dos socios da ANPA estarán a disposición na secretaría do CEIP A
Ramallosa, así como solicitándoa por correo a anpariotella@gmail.com ou no grupo de Facebook
ou blog , tamén para calquera dúbida podédesvos dirixir a este correo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)