Desde o ANPA Río Tella queremos darvos a benvida a
este novo curso 2016/2017.
Como sabedes o
luns 12 comezan as clases así como o servizo de madrugadores do ANPA. Este
servizo ten prezos especiais para os socios do ANPA.
Para poder
beneficiarvos destes descontos é necesario realizar a inscrición e o pago
correctamente.
Este ano temos
unha nova folla de inscrición para socios, é necesario cumprimentala
correctamente (utilizar letra maiúscula). Este
formulario é para todos os socios, novos e renovacións.
Para aqueles
usuarios do servizo de madrugadores, habilitamos un prazo de pago para a cota
de socios de 10 días polo que deberá entregar o formulario co xustificante
bancario de ingreso na secretaría do colexio antes do día 26 de setembro de
2016. A cota de socio é de 20 €.
As actividades
comezarán en outubro. Durante o mes de setembro realizaremos unha preinscrición
e posteriormente unha inscrición naquelas actividades que alcanzasen o número
mínimo de alumnos para poder realizala.
A inscrición e
pago da cota de socios para as actividades terán outro prazo, xa que dependerá
das actividades finalmente ofertadas.
As follas de
inscrición dos socios da ANPA estarán a disposición na secretaría do CEIP A
Ramallosa, así como solicitándoa por correo a anpariotella@gmail.com ou no grupo de Facebook
ou blog , tamén para calquera dúbida podédesvos dirixir a este correo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario