CIRCULAR nº 3 CURSO 2012/13
Convocatoria Asemblea Ordinaria
A través da presente circular, convocamos a tod@s @s pais e nais a unha Asemblea Ordinaria, que se celebrará no salón de
actos do CEIP A Ramallosa o vindeiro VENRES, 26 de abril, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 en segunda, coa
seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da Asamblea anterior
- Información da proposta de construcción de un aparcadoiro exterior no Colexio.
- VII Festival Solidario ANPA RÍO TELLA, programado para o 26 de maio as 17h.
- Excursión fin de curso ANPA.
- Rogos e preguntas.
Gustaríanos tamén informar da celebración do Mercadillo Solidario, unha iniciativa que a ANPA promove por segundo ano
consecutivo, e que coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas no Colexio o vindeiro 16 de maio. Deste xeito,
solicitamos a vosa colaboración para doar xoguetes, libros e xogos educativos en bo estado, que se recollerán os días 3 e 10
de maio de 16:00 a 17:30 horas na aula de manualidades do centro, situada no mesmo edificio que a biblioteca. Este ano a
recadación doaráse íntegramente ao Banco Veciñal de Alimentos promovido polo Concello de Teo. Aproveitamos esta ocasión
para recordarvos que a recollida de alimentos para o Banco Veciñal segue en marcha ata o final de curso, podendo depositar
os alimentos na caixa que hai disposta a este efecto na entrada do Centro. Sen outro particular, recibide un cordial saúdo,
ANPA Río Tella
No hay comentarios:
Publicar un comentario