Reunidos os membros do consello escolar, comenzouse pola orde do día.
- 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
Lida e aprobada.
- 2. Aprobación do criterio complementario do centro no proceso de admisión para trasladar á Xefatura Territorial
Aprobouse por unanimidade o criterio de
proximidade ao centro, dentro da zona escolar.
- 3. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o 2013.
Presentáronse, e aprobáronse, os orzamentos.
- 4. Análise dos resultados da 2ª Avaliación
Presentáronse, e analizáronse os resultados da 2ª
Avaliación.
O análise di que o centro CEIP A Ramallosa está na
media dos centros a nivel rexional e nacional.
- 5. Estudo das propostas e sinaturas para o acceso ao recinto escolar aos vehículos particulares.
Queda prohibido a entrada de vehículos
particulares ao centro escolar durante todo o día.
Presentouse unha proposta por parte do centro para
facer una zona de aparcamento alternativo, dita proposta levarase á
correspondente Xefatura Territorial. En canto a Xefatura Territorial dite a súa
resolución, comunicarse a todos os pais / nais.
Si Xefatura Territorial non pon impedimento algún,
un representante do ANPA poderá asistir as reunións onde se traten as propostas.
- 6. Rogos e preguntas.
Os asistentes formularon rogos e preguntas, que
foron atendidos pola Dirección do centro na medida do posible.
·
Comunicouse ao representante do Concello
no Consello Escolar o deterioro dos elementos deportivos do patio, (canastas de
baloncesto oxidadas e rotas, porterías de fútbol rotas), pedindo o seu remprazo
por outros en bo estado. Dirección dinos que o problema estase a resolver en
breve.
·
A limpeza da arqueta de augas residuais da
entrada posterior do centro, foi solucionada por Aquagest no momento no que se
deu a coñecer.
·
O problema comentado por pais/nais de
alumnos dos últimos cursos sobre a intimidade para a hixiene persoal, queda
solucionada, xa que se permite que ditos alumnos podan utilizar os baños das
aulas, evitando os baños do patio que non reúnen as condicións axeitadas para a
hixiene persoal.
·
Presentouse e aprobouse que o CEIP A
Ramallosa teña unha vestimenta deportiva propia sendo voluntaria a súa
utilización por parte dos alumnos. A Dirección do centro da a responsabilidade
de facer os trámites correspondentes a ANPA para a elección dos modelos e dos
logotipos que teñan as prendas deportivas.
·
Plástica en inglés nos cursos de sexto.
Comenta a profesora que desperta interés nos alumnos, pero recoñece que hai
dificultades para expresarse (moitos optan por estar mais calados) Apúntase que
se hai profesores especialistas pode ser de interesante que esta materia que
agrada aos alumnos sexa xa impartida en lingua estranxeira nos primeiros
cursos.
A Ramallosa, 03 de abril de 2013
e de vergoña pero podedes estar seguros k esto non a de kedar asi por k as movilizacions van ser de tal maneira k ides ter motos problemas pa poder salr do centro no voso horario havitual
ResponderEliminarDeseamos que este comentario que usted pone en este blog, creado y gestionado por el ANPA no sea una amenaza, ni para los miembros del ANPA, ni para nadie en particular, ya que esto podría ser un delito. Nos hemos limitado a poner una noticia sobre lo sucedido en el Consello Escolar del día 2 de abril de 2013. Si usted tiene algún tipo de reclamación legal que hacer, por favor, le pedimos que lo haga por los cauces correspondientes e identificándose.
ResponderEliminarGracias.