Relación de libro para el próximo curo 2014/2015.
30 de junio de 2014
27 de junio de 2014
BLOG DEL CEIP A RAMALLOSA
Como iniciativa de los Padres y Madres de Infantil. Este curso 2013/2014 se celebró la Graduación de Infantil, con este motivo un decidieron hacer una blog que recogiera el material generado en esta fiesta (videos, fotografías, orlas). Este blog está sujeto a condiciones de privacidad, por ello para poder acceder al material y por petición de algunos padres, es necesario acceder a través de un usuario gmail.
Los interesados en acceder al blog, deben enviar un correo electrónico a: ceiparamallosa@gmail.com con los siguientes datos en el cuerpo del mensaje.
- Nombre y Apellidos del o de los padres
- Nombre y Apellidos del o de los alumnos
- Curso en el que está matriculado (2014/2015)
- Correo gmail que se quiere autorizar
Gracias.
26 de junio de 2014
CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
17 de junio de 2014
COMENZA A RECOLLIDA DE LIBROS PARA O BANCO MUNICIPAL
O Concello de Teo abre o prazo de
recollida de libros para o Banco municipal para o curso 2014/15. Esta
iniciativa funciona en Teo por terceiro ano consecutivo e a concelleira
de Educación, María Álvarez Garea, destaca “o incremento de doazóns que
tivemos o ano pasado respecto do primeiro ano que agardamos que se volva
a dar neste curso”.
Para o curso actual puideron prestarse un total de
227 libros que beneficiaron a 56 usuarios/as. Os cursos nos que máis
libros se doaron foron 4º, 5º e 6º de primaria e os centros nos que se
concentraron esas entregas foron Ramallosa e Calo xa que nos Tilos
xestiona o banco a ANPA. O primeiro ano de funcionamento do Banco, o
verán de 2012, recibíranse só 62 libros.
As persoas interesadas en entregar
libros poden facelo entre o 23 de xuño e o 4 de xullo en horario de
09:30 ás 13:30 horas na Aula de informática, situada no CSC da
Ramallosa. O 25 de xuño a entrega poderase facer só entre as 16:00 e as
20:00 horas. As doazóns deben ser de libros de texto usados nos colexios
públicos do Concello que sexan válidos segundo as listas de libros do
curso 2014/15. Deben estar en bo estado de conservación. Para estas
entregas quedan excluídos libros que se utilicen como cadernos ou nos
que se escriba, moi habitual nos volumes de Educación Infantil e nalgúns
de primeiro ciclo de Primaria. Cando se fai a entrega hai que presentar
unha ficha cos datos persoais e a lista dos libros. Esta ficha , que é igual para facer doazóns que para solicitar libros xa se pode descargar aquí
As
persoas que soliciten o préstamos de libros deben facer a petición
presentando a ficha e seralles notificado a partir do 8 de xullo a data e
o horario de entrega dos libros. Poden doar e/ou solicitar familias con
fillos/as escolarizados nos centros públicos do Concello. As persoas
que reciban libros deben ademais comprometerse a devolvelos ó remate do
curso en bo estado.
Para seleccionar ás
familias demandantes terase en conta en primeiro lugar as familias que
conten cun informe de Servizos Sociais que aconselle o préstamo. Despois
atenderase por prioridade as unidades con máis puntos tendo en conta
que as familias que doaran libros recibirán un punto por cada libro de
texto entregado e as familias con máis dun fillo/a tamén terán un punto
por cada fillo. A continuación atenderase o resto das unidades
familiares.
Dende Educación destacan que iniciativas coma esta buscan varios obxectivos positivos e complementarios “dende
apoiar economicamente ás familias reducindo os gastos asociados á
escolarización ata sensibilizar á comunidade educativa no coidado e
reutilización dos libros de texto ou xerar actitudes solidarias”.
9 de junio de 2014
4 de junio de 2014
RENOVACIÓN DA DIRECTIVA DO ANPA RIO TELLA - CURSO 2014/2015
Queremos
chamar á vosa atención sobre o proceso de elección de cargos na
directiva da ANPA, que logo de varios anos de traballo ve a necesidade
dunha renovación.
Deste xeito, animámosvos a que consideredes a
posibilidade de formar parte dun novo equipo directivo da ANPA, unha
actividade que agora máis que nunca é fundamental para garantir o
dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación pública
de calidade, especialmente tendo en conta que, coa entrada en vigor da
nova Lei de Educación —LOMCE— o Consello Escolar pasara a ser un órgano
exclusivamente consultivo, con pouca capacidade de intervir de xeito
directo nas decisións que atinxen ça educación dos nosos fillos e
fillas.
De non existir candidatos ou candidatas dispostos a
exercer esta responsabilidade, procederíase á disolución da ANPA, o que
levaría asociado a desaparición dunha serie de servizos (actividades
extraescolares, servizo de madrugadores), así como de ingresos
económicos a través de subvencións imprescindibles para diversas
actuacións coas que se sufragan melloras no centro e outras actividades.
Agardamos a vosa asistencia.
Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
ANPA ‘Río Tella’
EXPOSICIÓN DO TALLER DE ARTES PLÁSTICAS DE IE CEIP A RAMALLOSA
Una vez más, tenemos la enorme satisfacción de invitarles a la exposición de todo el trabajo realizado en este curso de ciclo de Taller de Artes Plásticas de la IE CEIP A Ramallosa.
Agardámosvos en Common Casa Oza el viernes 19 junio a 21 julio horas, y los sábados de 11 a 13:30.
3 de junio de 2014
EXCRUSIÓN FIN DE CURSO - ILLA DE ONS- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 5 DE XUÑO
Quedan prazas libres para a excursión a ONS. Ampliamos o prazo de inscrición ata ou día 5 ás 15h.
Este ano a excursión anual de fin de curso promovida pola ANPA será o sábado 14 de xuño ás Illas Ons (Parque Nacional das Illas Atlánticas). A programación é a seguinte:
• 10.00 h. Saída en bus do Colexio A Ramallosa.
• 11.00 h. Chegada ao porto de Bueu.
• 12.00 h. Saída do barco.
• 12.45 h. Chegada ás Illas Ons.
• 13.00 h. Ruta. (optativa)
• 14.30 Comida libre. As familias poderán levar a súa comida ou comer no restaurante da illa.
• Tarde libre para disfrutar da praia ou realizar algunha outra ruta guiada.
• 16.00 h. Busqueda PIRATA. (Xogo da búsqueda do tesouro organizada para os nenos)
• 19.30 h. Saída do barco cara Bueu.
• 20.15 h. Chegada ao porto de Bueu.
• 20.25 h. Saída en bus cara a Ramallosa.
• 21.30 h. Aproximadamente Chegada ao Colexio da Ramallosa.
O prezo da mesma é de 24,5 euros que será subvencionado para os socios da ANPA (subvención de 10 euros por persoa).
O precio por persona para os socios da ANPA é de 14,5 euros.
Esta viaxe inclúe os desprazamentos en bus e barco, ruta guiada e animación en destino (Búsqueda del Tesoro) para que os nenos pasen un día xenial.
Para inscribirvos debedes ingresar ANTES DO DÍA 5 de junio als 15h., o importe correspondente (14,5€ por persoa para socios, e 24,5€ para non socios) na conta da ANPA co nome e apelido da familia e enviar un correo electrónico co nome dos inscritos e un teléfono de contacto a: anpariotella@gmail.com
Conta da Anpa: NOVAGALICIA Banco 2080 0719 01 3040002062.Para inscribirvos debedes ingresar o importe correspondente (15 euros por persoa) na conta do ANPA co nome e apelido da familia e enviar el xustificante ao correo da anpa: anpariotella@gmail.com
Conta da Anpa: NOVAGALICIA Banco 2080 0719 01 3040002062.
2 de junio de 2014
CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014 EN ARCOSTILOS
Xa chegan os CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014 en Arcostilos, este ano cargados de novidades e novas propostas atendendo a unha maior CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL, así como reforzo educativo.
Seguindo esta línea, ofrecemos HORARIO CONTINUADO, de 7:30 a 20:30horas , excepto o mes de Agosto que será só horario de mañá, de 7:30 a 15:30h
Seguindo esta línea, ofrecemos HORARIO CONTINUADO, de 7:30 a 20:30horas , excepto o mes de Agosto que será só horario de mañá, de 7:30 a 15:30h
(*Consulta as diferentes combinacións horarias).
Contamos con diferentes modalidades de campamento:
Coma sempre contamos con un amplo abano de actividades deportivas, creativas, educativas, de ocio e tempo libre, ... atendendo ao grupo de participantes.
Poden consultar prezos e actividades en datos axuntos. Axuntamos tamén a folla de inscrición.
INSCRICIÓN:
Prazo de inscrición ata o 19 de xuño
É necesario formalizala entregando a ficha de inscrición debidamente cuberta.
Contamos con vós, reservade xa a vosa praza!!!!
Un saúdo
O equipo da Asociación Recreativa e Cultural os Tilos.
--
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS
Rúa Ameneiro Núm.8 (Baixos Parroquiais)
15894 Os Tilos - Teo
Tfno./Fax : 981 819 501
Móbil: 673769537
Web: www.arcostilos.org
Seguindo esta línea, ofrecemos HORARIO CONTINUADO, de 7:30 a 20:30horas , excepto o mes de Agosto que será só horario de mañá, de 7:30 a 15:30h
Seguindo esta línea, ofrecemos HORARIO CONTINUADO, de 7:30 a 20:30horas , excepto o mes de Agosto que será só horario de mañá, de 7:30 a 15:30h
(*Consulta as diferentes combinacións horarias).
Contamos con diferentes modalidades de campamento:
- IX Campamento de Xuño: Comeza o verán nos Tilos. Nados a partir do 2011
- XII Campamento Infantil: Un verán distinto... un verán nos Tilos (de mañán) Nados entre o 2011 e 2005
- VII Campamento Xuvenil: Pasiño a pasiño (de mañán) Nados a partir do 2004
- II Campamento Aviva a túa mente: Campamento de Apoio Educativo (de mañán), só no mes de Xullo. Dende 3º de Primaria ata 4º ESO. Nados entre 2005 e 1999
- II Campamento Expedición Tilos: Campamento de tarde. Só no mes de Xullo. Nados entre 2011 a 2000
- IX Campamento de Setembro: Impúlsate nos Tilos. Nados a partir do 2011
- Xuño: do 23 ó 30 de Xuño.- Xullo e Agosto: 1ª Quenda: 1 ao 15 de Xullo/ 2ª Quenda: 16 ao 31 de Xullo/ 3ª Quenda: 1 ao 14 de Agosto/ 4ª Quenda: 18 ao 29 de Agosto
- Setembro: 1 ata comezo do cole (*Pendente publicación calendario escolar)
Coma sempre contamos con un amplo abano de actividades deportivas, creativas, educativas, de ocio e tempo libre, ... atendendo ao grupo de participantes.
- Setembro: 1 ata comezo do cole (*Pendente publicación calendario escolar)
Poden consultar prezos e actividades en datos axuntos. Axuntamos tamén a folla de inscrición.
INSCRICIÓN:
Prazo de inscrición ata o 19 de xuño
É necesario formalizala entregando a ficha de inscrición debidamente cuberta.
Contamos con vós, reservade xa a vosa praza!!!!
Un saúdo
O equipo da Asociación Recreativa e Cultural os Tilos.
--
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS
Rúa Ameneiro Núm.8 (Baixos Parroquiais)
15894 Os Tilos - Teo
Tfno./Fax : 981 819 501
Móbil: 673769537
Web: www.arcostilos.org
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. CURSO ESCOLAR 2014/15
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)