Queremos
chamar á vosa atención sobre o proceso de elección de cargos na
directiva da ANPA, que logo de varios anos de traballo ve a necesidade
dunha renovación.
Deste xeito, animámosvos a que consideredes a
posibilidade de formar parte dun novo equipo directivo da ANPA, unha
actividade que agora máis que nunca é fundamental para garantir o
dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación pública
de calidade, especialmente tendo en conta que, coa entrada en vigor da
nova Lei de Educación —LOMCE— o Consello Escolar pasara a ser un órgano
exclusivamente consultivo, con pouca capacidade de intervir de xeito
directo nas decisións que atinxen ça educación dos nosos fillos e
fillas.
De non existir candidatos ou candidatas dispostos a
exercer esta responsabilidade, procederíase á disolución da ANPA, o que
levaría asociado a desaparición dunha serie de servizos (actividades
extraescolares, servizo de madrugadores), así como de ingresos
económicos a través de subvencións imprescindibles para diversas
actuacións coas que se sufragan melloras no centro e outras actividades.
Agardamos a vosa asistencia.
Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
ANPA ‘Río Tella’
No hay comentarios:
Publicar un comentario