Boas tardes
Envíovos este correo para comunicarvos brevemente as informacións e acordos tratados na reunión do hoxe.
- A nova Lei 27/2013 vacía de competencias aos concellos, sobre todo no ámbito educativo. Só figura como competencia o mantenemento e vixilancia dos centros educativos de E. Infantil e Primaria. Polo tanto, o resto de programas ou actividades non son competencia municipal (subvencións a entidades educativas, bolsas de ensino, escola de pais, actividades educativas nos centros, actividades de conciliación, ...). Envíovos no adxunto un pequeno documento para que vexades os cambios con respecto á lei anterior e como afecta ao ensino.
- A Xunta de Galicia está elaborando un borrador para minimizar a desaparición de competencias da nova lei. Desde o concello, agardamos a súa publicación para poder seguir desenvolvendo todas as actividades que viñamos desenvolvendo ata agora. (Hai rumores de que podería ser publicada o 30 de maio).
- A convocatoria de subvencións a entidades educativas que faciamos sempre nestas datas, imos adiala á espera da nova lei da Xunta. Dado que é problabe que dita convocatoria non se publique ata o remate do curso escolar, e para tratar de minimizar os inconvenientes, acordamos que recibiriades o modelo de convocatoria para ter toda a documentación preparada cando se abra o prazo para presentala. Envíovos, por tanto, o borrador.
Estou á vosa disposición se precisades máis aclaracións.
Un saúdo
María Álvarez Garea
Concelleira de Educación
Concello de Teo
No hay comentarios:
Publicar un comentario