Estanse adoptando e plantexando cambios importantes no eido educativo sin contar co pronunciamento dunha parte vital da comunidade educativa; os estudantes, representados por sí mesmos - no caso dos universitarios, e polos seus pais-titores nos ensinos de infantil, primaria e secundaria.
Dende a Plataforma “Somos Parte” queremos dar voz aos pais e titores. Queremos
saber cal é a vosa opinión sobre materias de gran importancia no ensino dos vosos
fillos.
Hoxe queremos saber qué opinades sobre o papel da asignatura de relixión
nas aulas. Para iso, pedímosvos que participedes na consulta que estamos a facer
en todos os centros de ensino público de Teo.
Plantexámosvos dúas preguntas con respostas diferentes. Por favor, contestade
ambas preguntas marcando unha soa resposta. O cuestionario está duplicado para
que ambos pais-titores podan dar a súa opinión. Por favor, asinadeo para que a vosa
opinión teña valor administrativo.
Poderedes deixar o voso cuestionario na urna que estará dispoñible na entrada do
colexio dende o Venres 30/05/2014 ata o Martes 3/06/2014.
O voto poderase
presentar a través de terceiros, sempre que veña asinado.
O reconto de votos farese en presenza da Xuíza de Paz do Concello de Teo, Rosa
Gómez Limia. Os resultados expoñeranse na nosa web: somosparte.org
Si o resultado do referendo é contrario a situación actual, uniráse os dos outros
centros consultados e se instará un procedemento administrativo solicitando a
adopción de novas medidas que se axusten aos criterios da comunidade educativa,
co apoio de todos os votos que respalden medidas de cambio.
Moitas grazas por ser parte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario