CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA ‘RÍO TELLA’
ORDE DO DÍA
A ANPA ‘Río Tella’ convoca aos pais e nais do CEIP da Ramallosa a unha asemblea ordinaria que terá lugar o vindeiro VENRES, 9 DE MAIO no Salón de Actos do CEIP da Ramallosa, ás 19.30 horas en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas en segunda, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
- Información e valoración sobre as cuestións formuladas por Dirección no Consello Escolar do día 29/04/2014.
- Rogos e preguntas
Queremos chamar á vosa atención sobre a importancia da asistencia as asembleas do ANPA.
Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
ANPA ‘Río Tella’
No hay comentarios:
Publicar un comentario