CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS
Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 1 de outubro)
DATAS É ACTUACIÓNS
27-Outubro (luns)
- Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)
- Envío de circular aos pais e nais anunciando dito sorteo.
28 - Outubro (martes)
- Sorteo público, ás 12,00 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).
- Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral.
4 - Novembro (martes)
- Primeira reunión da Xunta Electoral:
- Acto da súa constitución.
- Aprobación do calendario de actuacións.
- Publicación nos taboleiros de anuncios:
- Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.
- Dos correspondentes censos electorais.
- Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.
5 - Novembro (mércores)
- Envío de circular ás nais e pais do alumnado coa convocatoria do seu sector.
Do 7 ao 17 de novembro
- Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores.
10 - Novembro (xoves)
- Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral.
- Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 18 (Art. 35 do Decreto 92/1988).
18 - Novembro (martes)
- Segunda reunión da Xunta Electoral:
- Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
- Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
- Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.
- Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o martes, día 25.
19 - Novembro (mercores)
- Comezo das distintas campañas electorais.
- Envío de:
- Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector.
- Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 25.
- Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.
- Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral.
21 - Novembro (venres)
- Envío aos pais e nais do alumnado dunha circular recordatoria do día das votacións do seu sector.
25 - Novembro (martes)
- VOTACIÓNS:
- Persoal de administración e servizos, de ser o caso. (Ás 12'00 horas).
- Profesorado. (Ás 16'00 horas).
- Pais, nais e titores legais do alumnado. (De 16,30 a 20'00 horas).
26 - Novembro (mércores)
- Terceira e última reunión da Xunta Electoral:
- Proclamación e publicación de candidatos electos.
- Traslado das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.
- Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril).
2 - Decembro (martes)
- Celebración de reunión do novo Consello Escolar:
- Constitución do Consello.
- Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
- Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).
- Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar. (Art. 7º do Decreto 85/2007, do 12 de abril e Instrucións da Consellería de Educación do 17 de outubro de 2007).
Antes do 20 de decembro
- Envío á/ao Xefa/e Territorial do formulario que se publica como anexo II Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 1 de outubro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario