A Organización Mundial da Saúde define á obesidade e o sobrepeso como “a pandemia do século XXI”. En España padecen sobrepeso e obesidade o 53% da poboación adulta e o 33% da poboación infantoxuvenil de 2 a 17 anos.
Entre os principais factores xeneradores de obesidade infantil
encóntranse a escasa actividade física e/ou unha alimentación
inadecuada, principalmente no referinte á realización dun almorzo pouco
axeitado. O almorzo é unha comida moi importante e contribúe a que os
escolares teñan máis enerxía para desenvolver as súas actividades. Un
almorzo equilibrado debe estar composto por un lácteo, cereais e froita.
Dado que existe unha gran preocupación polo aumento da prevalencia de
enfermidades non transmisibles e xa que éstas están relacionadas co
patrón alimentario e de actividade física, vémonos na obriga de
establecer un marco de actuación que permita crear as condicións máis
axeitadas e necesarias para que a poboación acade un estado óptimo de
saúde e benestar.
A Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de
Consumidores de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a
promoción de estilos de vida saudables.
Conscientes de que é necesaria unha educación nutricional en todos os
ámbitos, as tres partes implicadas no convenio decidiron poñer en
marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO”, no que se establecen dúas
categorías de participación:
1) Categoría xeral: Para nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria de calquera centro educativo de Galicia durante o curso 2014-2015.
2) Categoría especial: Para usuarios/as de centros de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou desenvolvemento, radicados en Galicia.
A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario