Dende hoxe xa se poden levar alimentos ao CEIP A Ramallosa, o punto de recollida está colocado xunto a Conserxaría.
Dende o ANPA Rio
Tella e en colaboración co CEIP A Ramallosa e
o Concello de Teo facemos un chamamento ao Voluntariado, para axudar e
prestar apoio ás familias do noso concello.
Entre todos conseguiremos paliar
as necesidades destas familias en apuros, para iso é fundamental contar coa túa
participación. Faino a través do Banco de Alimentos de Teo e do
Voluntariado Social de Teo.
O ANPA Rio
Tella quere establecer un punto de recollida permanente de alimentos
no CEIP A Ramallosa (Xunto a Conserxaría), e facer
convocatorias a última semana de cada mes, para que os alumnos acheguen
alimentos, realizando con iso un labor social e de concienciación.
Aqueles que desexen participar no programa de voluntariado poden achegarse a Servizos Sociais ou chamar ó teléfono 981 809 707. Tamén hai xa dispoñible unha ficha de inscrición que debe entregarse no citado departamento municipal, no primeiro andar do CSC da Ramallosa.
Os alimentos máis necesarios
agora mesmo son: leite, conservas, alimentos para o almorzo. Durante os meses
seguintes pedirémosvos tipos de alimentos segundo nolo indiquen os voluntarios
de Teo.
Esperamos sentirnos orgullosos
deste labor, sabendo que unha pequena achega de cada un de nós pode ser unha
grande axuda para moitas familias.
E recorda que o punto de
recollida será continuo, sempre que penses que podes achegar algo, non o
dubides e envíao.
Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario