30 de agosto de 2012

SUBA DO IVE MATERIAL ESCOLAR - ANPAs



                                                                                         Circular 439/12
                                                                                    

A meirande parte das librarías galegas rebélanse contra da subida do IVE.

As librarías galegas non aplicarán a suba do IVE no material escolar ata mediados de outubro, malia que a medida entrará en vigor o próximo 1 de setembro. Así confirmouno ao vicepresidente da nosa Federación, o voceiro da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández  Maira, que explicou que as librarías atrasarán a suba do imposto ata o 15 de outubro para "solidarizarse cos pais na volta ao cole nestes momentos de crise".

Esta medida intenta evitar que as familias anticipen as compras e adquiran así máis do necesario, intentando aforrar a suba do IVE. A medida tomouse ante a preocupación detectada entre os pais.

Tamén hai que ter en conta o esforzo que isto supón para os libreiros galegos, os cales asumirán os custos. Esta recomendación de manter os prezos no material escolar será avalada por practicamente todas as librarías galegas.

Este acordo adoptouse pola inmensa maioría dos 230 libreiros asociados os cales serán identificados co cartel que achegamos.

Recibide un fraternal aperta e cordial saúdo.




XUNTA DIRETIVA.



Asdo.:
Lóis Uxío Taboada Arribe.
Vicepresidente.




2 de agosto de 2012

NOVO ESPAZO DO ANPA

Novo espazo de información do ANPA Rio Tella.

No apartado DOCUMENTOS está para descarga o calendario escolar 2012/2013 publicado pola Xunta de Galicia.
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.