22 de abril de 2013

ELIXE O CHANDAL PARA O CEIP A RAMALLOSA

No formulario podes elixir a túa opción de Chandal para o curso 2013/14.
O Venres 3 de maio remata o prazo para elixir o modelo.
Grazas pola túa colaboració. 





18 de abril de 2013

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA - CIRCULAR Nº3 CURSO 2012/13

CIRCULAR nº 3 CURSO 2012/13

Convocatoria Asemblea Ordinaria 
A través da presente circular, convocamos a tod@s @s pais e nais a unha Asemblea Ordinaria, que se celebrará no salón de actos do CEIP A Ramallosa o vindeiro VENRES, 26 de abril, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 en segunda, coa seguinte orde do día: 


  1. Lectura e aprobación da acta da Asamblea anterior 
  2. Información da proposta de construcción de un aparcadoiro exterior no Colexio. 
  3. VII Festival Solidario ANPA RÍO TELLA, programado para o 26 de maio as 17h. 
  4. Excursión fin de curso ANPA. 
  5. Rogos e preguntas.


Gustaríanos tamén informar da celebración do Mercadillo Solidario, unha iniciativa que a ANPA promove por segundo ano consecutivo, e que coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas no Colexio o vindeiro 16 de maio. Deste xeito, solicitamos a vosa colaboración para doar xoguetes, libros e xogos educativos en bo estado, que se recollerán os días 3 e 10 de maio de 16:00 a 17:30 horas na aula de manualidades do centro, situada no mesmo edificio que a biblioteca. Este ano a recadación doaráse íntegramente ao Banco Veciñal de Alimentos promovido polo Concello de Teo. Aproveitamos esta ocasión para recordarvos que a recollida de alimentos para o Banco Veciñal segue en marcha ata o final de curso, podendo depositar os alimentos na caixa que hai disposta a este efecto na entrada do Centro. Sen outro particular, recibide un cordial saúdo, 


ANPA Río Tella

15 de abril de 2013

REDE DE CENTROS PLUTILINGÜES DE GALICIA, INCORPORACIÓN DE CENTROS, CURSO 2013/14

DOG Núm, 58
Venres, 22 de marzo de 2013
Páx. 8734

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013 pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2013/14.

A Orde do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio) regula os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de centros plurilingües de Galicia.

Na sección quinta da citada orde descríbese o procedemento de incorporación á rede: solicitude e documentación, lugar e prazo de presentación e selección dos novos centros.

Ademais, na disposición derradeira primeira autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para realizar as sucesivas convocatorias anuais de incorporación dos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia, así como de ampliación do programa nos centros xa autorizados.

CONCURSO DE DEBUXO 'ANPA RÍO TELLA' 2013


CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS CONTRA DA LOMCE E OS RECORTES

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte a través da Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos, (CONFAPA GALICIA), acordóu convocar ao conxunto da comunidade escolar galega, (pais, docentes e alumnado), a unha expresión de protesta e rexeitamento do actual proxecto de LOMCE e as políticas de recortes dos gobernos do Estado e da Xunta de Galicia.

Por elo, CONFAPA GALICIA, en sesión extraordinaria da súa xunta directiva, celebrada o pasado día 9 do corrente mes, acordóu por unanimidade respaldar a convocatoria de mobilizacións aprobada, (charlas informativas, asembleas, concentracións, peches e xornada de folga), e que celebraráse conxuntamente en en todo o Estado.

CONFAPA GALICIA, a través das Federacións Provinciáis de ANPAS de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, convoca a todas as ANPAS e as familias a participar activamente nas diferentes expresións de protesta que convoque a Plataforma en Defensa do Ensino Público.

Helena Gómez Vecino
Presidenta de CONFAPA.

8 de abril de 2013

CAMARAS EN EL BOSQUE

No te pierdas estas cámaras, puedes hacer un seguimiento de la cría del pigargo y del cárabo. Seguro que te gusta ver como nacen.


5 de abril de 2013

RECORDATORIO DE PAGO DE ACTIVIDADES E DATA DE FESTIVAL

Estimadas familias, 
Lembrámosvos que tedes de prazo ata o vindeiro 30 de abril para pagar os importes das actividades extraescolares do terceiro trimestre deste curso. A conta na que tedes que aboar as cuantías é a seguinte: 2080-0719-01-3040002062 de NOVAGALICIA Banco. Lembrade que se debe indicar no concepto o nome e apelidos d@ nen@ así como das actividades nas que se inscribe, non da persoa que fai o ingreso. Exemplo: MANUEL FERNÁNDEZ GARCÍA- JUDO, XADREZ. 

 O ingreso non ten custe adicional para os clientes de dita entidade. Para @s que non sodes clientes, se queredes evitar a comisión de 3 euros que cobra o banco por ordenar unha transferencia, a solución é poñer de ordenante a Anpa Río Tella e no asunto ou concepto o nome e apelidos d@ nen@ e as actividades nas que se inscribe.


Os prezos das actividades para este trimestre son os seguintes:
-Ballet e baile moderno: 30 € 
-Circo: 28 € 
-Funky, Hip-hop e Rap: 28 €
-Inglés cos Lunnies: 28 €
-Judo: 42 €
-Manualidades: 35 € 
-Piscina: 50 €
-Xadrez: 28 €
-Ximnasia deportiva: 28 €

Queriamos informarvos tamén da data do VII Festival Solidario de fin de curso ANPA Río Tella que terá lugar no CSC da Ramallosa o vindeiro 26 de maio as 17,00 da tarde.


Recibide un saúdo da Directiva da ANPA   

3 de abril de 2013

RESUMO CONSELLO ESCOLAR - 2 DE ABRIL DE 2013


Reunidos os membros do consello escolar, comenzouse pola orde do día.

  1. 1.       Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.


Lida e aprobada.

  1. 2.       Aprobación do criterio complementario do centro no proceso de admisión para trasladar á Xefatura Territorial


Aprobouse por unanimidade o criterio de proximidade ao centro, dentro da zona escolar.


  1. 3.       Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o 2013.

Presentáronse, e aprobáronse, os orzamentos.   
  1. 4.       Análise dos resultados da 2ª Avaliación


Presentáronse, e analizáronse os resultados da 2ª Avaliación.
O análise di que o centro CEIP A Ramallosa está na media dos centros a nivel rexional e nacional.

  1. 5.       Estudo das propostas e sinaturas para o acceso ao recinto escolar aos vehículos particulares.


Queda prohibido a entrada de vehículos particulares ao centro escolar durante todo o día.
Presentouse unha proposta por parte do centro para facer una zona de aparcamento alternativo, dita proposta levarase á correspondente Xefatura Territorial. En canto a Xefatura Territorial dite a súa resolución, comunicarse a todos os pais / nais.
Si Xefatura Territorial non pon impedimento algún, un representante do ANPA poderá asistir as reunións onde se traten as propostas.

  1. 6.        Rogos e preguntas.


Os asistentes formularon rogos e preguntas, que foron atendidos pola Dirección do centro na medida do posible.
·         Comunicouse ao representante do Concello no Consello Escolar o deterioro dos elementos deportivos do patio, (canastas de baloncesto oxidadas e rotas, porterías de fútbol rotas), pedindo o seu remprazo por outros en bo estado. Dirección dinos que o problema estase a resolver en breve.
·         A limpeza da arqueta de augas residuais da entrada posterior do centro, foi solucionada por Aquagest no momento no que se deu a coñecer.
·         O problema comentado por pais/nais de alumnos dos últimos cursos sobre a intimidade para a hixiene persoal, queda solucionada, xa que se permite que ditos alumnos podan utilizar os baños das aulas, evitando os baños do patio que non reúnen as condicións axeitadas para a hixiene persoal.
·         Presentouse e aprobouse que o CEIP A Ramallosa teña unha vestimenta deportiva propia sendo voluntaria a súa utilización por parte dos alumnos. A Dirección do centro da a responsabilidade de facer os trámites correspondentes a ANPA para a elección dos modelos e dos logotipos que teñan as prendas deportivas.
·         Plástica en inglés nos cursos de sexto. Comenta a profesora que desperta interés nos alumnos, pero recoñece que hai dificultades para expresarse (moitos optan por estar mais calados) Apúntase que se hai profesores especialistas pode ser de interesante que esta materia que agrada aos alumnos sexa xa impartida en lingua estranxeira nos primeiros cursos.





A Ramallosa, 03 de abril de 2013
Representantes dos pais no Consello Escolar 


CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS - 14 DE ABRIL DE 2013


A Concellaría de Deportes organiza a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2013 Concello de Teo o 14 de abril. A carreira estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). 


Poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo. As categorías dos participantes van dende os pitufos para atletas nados nos anos 2008 e posteriores ata veteranos C para atletas en 1957 e anteriores. O percorrido para as categorías júnior, promesa,

A saída farase dende o CEIP da Ramallosa. A inscrición de adultos pódese facer ata o 11 de abril na web www.championchipnorte.com . Os escolares poden anotarse tamén ata o 11 de abril no formulario de inscrición nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org

Listaxe completa das categorías:
  • PITUFOS:                          atletas nadas/os nos anos 2008 e posteriores
  • PREBENXAMÍN:              atletas nadas/os nos anos 2006 e 2007
  • BENXAMÍN:                      atletas nadas/os nos anos 2004 e 2005
  • ALEVÍN:                             atletas nadas/os nos anos 2002 e 2003
  • INFANTIL:                         atletas nadas/os nos anos 2000 e 2001
  • CADETE:                             atletas nadas/os nos anos 1998 e 1999
  • XUVENIL:                           atletas nadas/os entre 1996 e 1997
  • JÚNIOR/PROMESA:        atletas nadas/os entre 1991 e 1995
  • SÉNIOR:                              atletas nadas/os en 1990 e ata veteranos
  • VETERANA/O A:                atletas nadas/os entre 1968 e 1978
  • VETERANA/O B:               atletas nadas/os entre 1958 e 1967
  • VETERANA/O C:               atletas nadas/os en 1957 e anteriores

1 de abril de 2013

CONFAPA-GALICIA DICE “NON” AO REPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES



O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, afirmou no último pleno que ía “extender” o copago dos comedores escolares, que deixarán de ser gratis para o 34,25% dos usuarios galegos. O prezo máximo ascende a 4,5 euros.

Desde CONFAPA-GALICIA manifestamos o noso total desacordo a este re-pago.
A Escola Pública está pagada cos nosos impostos que tamén se utilizan, sen ter en conta a nosa opinión, para soster empresas privadas de Educación con fondos públicos. A Educación non pode ser un negocio e moito menos un negocio onde o goberno invirte cartos dos contribuíntes.

Hai que ser conscientes da importancia do comedor escolar para a conciliación das familias e de que é un dos servizos que debe ofertar a Escola Pública. Este recorte, como tantos outros, realiźase ao abeiro da crise e esta, á súa vez, susténtase na chamada “débeda nacional”. Pretenden facernos crer que estas medidas se toman para solucionar algo e iso non é certo, xa que se toman para conquerir o obxectivo de beneficiar ao poder financieiro e lograr unha clase traballadora con moitos menos dereitos. E o peor é que non son medidas pasaxeiras senon froito dunha estratexia.

Os dereitos que tardamos tanto en conseguir,  non os imos recuperar se deixamos que se perdan. A Educación Pública non debe pagar a débeda dos bancos: público non significa “do goberno”, senon de todos os cidadáns e cidadás. O público debe ser intocable, respectado por riba da ideoloxía do goberno de turno.

A medida que pretenden aplicar desde a Consellería atenta directamente contra “o público” así entendido. Tal Consellería debería ser consciente do dano irreparable que se está a facer aos centros do rural. Supoñémos sabedores aos responsables da Consellería de Educación de que moitos máis rapaces dos que cremos, fan a única comida en condicións ao día precisamente no colexio.
A Administración é sempre subsidiariamente responsable da Educación; e mentres haxa un neno ou unha nena con calquera tipo de necesidade, é responsabilidade da Consellería.

Por outra banda, consideramos que o uso do transporte escolar non debe tomarse como modelo prioritario para a gratuidade do comedor. Familias que vivan a cen metros do centro educativo poden precisar de xeito urxente un servizo que, ademáis, está incluído na Programación Xeral Anual de todos os Centros, e que é atendido por nais e pais sen contrato e a quen se lles paga a dous ou tres meses vista.

Queremos transmitir ás Anpas Federadas así como ao conxunto da cidadanía que as nais e pais da escola pública non imos repagar un servizo que nos corresponde por dereito. Defendemos, como sempre o fixemos, unha educación pública gratuíta, de calidade, de todos e para todos.

A falta de cartos que alega a Consellería non é recoñecida por nós que, como cidadáns vemos como se dilapidan noutros asuntos supérfluos. Non pedimos senon que esiximos que a Consellería de Educación execute XA o estipulado pola Xustiza e retire INMEDIATAMENTE os concertos ás empresas privadas de educación que segregan por sexos, sen esperar á implantación da LOMCE que invalidaría a sentenza do TSXG. Porque contra tal Anteproxecto tamén estamos a loitar xunto co resto da comunidade educativa.
Unha vez recuperados os 3-5 millóns de euros destinados a eses Centros, a Consellería debe investir nos comedores que hoxe quere desmantelar.

En canto ao tema dos “tuppers”, é unha posibilidade que nin sequera queremos contemplar por segregadora: a escola pública sempre defendeu e defenderá a igualdade entendida como equidade e non discriminación en ningún dos seus posibles sentidos.


Xunta Directiva de CONFAPA-GALICIA.

MARZO DE 2013.

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.