30 de mayo de 2013

CHARLA SOBRE SEGURIDADE NA REDE


A ANPA Río Tella, a través do seu representante no Consello Escolar, propuxo a participación no III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar e solicitar unha charla da Guarda Civil dirixida ás nais, pais ou titores/as sobre o risco de intrnet. Esta charla xa tivo lugar este curso no colexio e estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º e a todo o profesorado do centro.

O colexio solicitou e foi atentida de novo esta intervencción da Guarda Civil e concertouse esta cita para o xoves, día 13 as 20:00 da tarde no salón de actos do colexio. 

A petición do ANPA, enviámoslle est circular para tentar darlle a máxima difuxión entre a Comunidade Educativa e, tamén en nome do colexio, queremos animalos a que participen nesta actividade que consideramos de moito intrese para as familias. 



SEGURIDADE NA REDE
Xoves 13 de xuño as 20:00 horas

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR 28/05/2013

Resumo consello escolar 28/05/2013.

Con data 27/05/2013 convocáronnos para o consello escolar extraordinario coa seguinte orde do día.
  • Aprobación, se procede, dos Plans: PLAMBE; Formación; Sección Bilingüe e Libros de Texto.
Plambe. Plan relacionado coa organización e xestión da biblioteca. Tratase dunha renovación, pois xa levamos con el 5 anos.  Elaborarase semellante aos anos anteriores, pois está funcionando ben (séguese coa hora de ler, mochilas viaxeiras, préstamos, actividades relacionadas coas distintas celebracións, …). Os presentes aprobamos o seguir participando neste programa.

Sección bilingüe. Refírese a materias impartidas en inglés. Actualmente estase a impartir, plástica en inglés no curso de 6º. Preténdese incluír aos de 5º curso, tamén para plástica. Posibilidades de incorporar psicomotricidade  en inglés nos primeiros anos. De todos xeitos isto dependerá do perfil dos mestres que se incorporen. Aprobouse.

Contratos programa. Programas de formación. Segue adiante PROA, pendente da persoa que o vai a coordinar. Os programas de formación van destinados aos profesores, en función das necesidades do persoal do centro. Aprobouse.

Van a seguir os mesmos libros que no presente curso.

As unidades que se organizan para o próximo curso son: 2 aulas de 3 anos, 2 de catro, 2 de cinco, 2 de 1º curso, 2 de 2º, 3 de 3º, 3 de 4º, e dúas ou tres de quinto, ou tres ou dúas de sexto (estas en función dos que repitan). Total de unidades 21.

A Garda Civil xa recibiu a solicitude para impartir unha charla no centro (sobre seguridade na rede). Estamos a espera de fixar data.

Saúdos.

10 de mayo de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR 07/05/2013

1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior

Lida e aprobada. 

2)Aprobación, se procede, do orzamento do comedor para o ano 2013

Aprobado. 

3) Obras e xestión sobre o aparcadoiro exterior

O Consello Escolar da a súa aprobación á realización da obra do aparcadoiro exterior. A postura do Consello Escolar sobre a zona non é vinculante, xa que as dúas propostas presentadas polo ANPA non teñen impedimentos de momento. Falta a aprobación final da Consellería. 

Por parte dalgún membro da directiva do centro se amosa una preocupación pola seguridade dos alumnos e a zona de aparcadoiro. Preocupación que os membros do Consello ratifican e teranse en conta para os próximos Consellos Escolares como prioridades para todas as propostas. 

4) Actividades das Letras Galegas e saída do día 14 ao Xirimbao

As actividades do día das Letras Galegas é unha proposta recollida no Plan Xeral (aprobado en Consello Escolar anterior). O que se presenta agora é o lugar e a forma de celebración. 

 A dirección estima que a zona elixida para a celebración non reviste perigo. O persoal que atenderá aos nenos na zona do Xirimbao estará formada por 15 coidadoras (11 habituais e 4 de reforzo) e o profesorado do centro. 

 O Centro non terá actividade lectiva para os alumnos que non queiran asistir as actividades do día das Letras Galegas. 

5 ) Rogos e Preguntas 

Trasládanse ao Consello os acordos tomados na anterior reunión do ANPA: 


  • Festival Solidario da ANPA para o día 26 de maio. 
  • Excursión fin de curso ás Cíes, o día 16 de xuño. 
  • Presentación do modelo de chándal elixido polos país (“Marino”). 


A proposta dun chándal esperta discrepancias. Sinálase que pretende ser unha opción mais, na que os pais que o desexen poidan mercar un chándal que os seus fillos utilicen na actividade diaria ou naquelas ocasións que saian a competir en deportes escolares. Destácase que é unha proposta do ANPA. 

Preguntouse pola prohibición de entrar no comedor con pantalón curto e camiseta de tiras. Esta é a prohibición que algúns pais e nenos comentaron, pero segundo nos aclaran referíanse a que os alumnos non entren ao comedor coa roupa e o calzado suado despois de facer deporte, especialmente aqueles días de moita calor. Aconséllase que leven pantalón e camiseta para cambiar. 

Pediuse á Dirección que a última reunión do Consello Escolar –a do mes de xuño- sexa pola tarde para facilitar a asistencia aos representantes dos pais, que temos dificultades para contar con autorización para ausentarnos pola mañá. Tamén se pediu que se inclúa na orde do día de dito Consello Escolar, de cara ó vindeiro curso, os seguintes puntos: a preparación/coordinación das coidadoras e a confección de normas para o comedor. 

Solicitouse por parte dun representante dos país/nais permiso para facer una charla sobre a seguridade en internet a impartir pola Guarda Civil. 

Pediuse tamén por parte dun representante dos país/nais permiso para facer una charla sobre “A muller e a literatura en Galicia” o día 21 de maio. 

Para estas charlas (proposta polos pais) deberiamos procurar unha asistencia mínima, pois experiencias anteriores contaron con moi pouca participación. 

O Concello de Teo pide autorización para utilizar instalacións do CEIP nas actividades de DiverTeo. Concedéuselle.

8 de mayo de 2013

PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO "Os soños"

¡Atención atención! ¡Xa temos gañadores do concurso de debuxo do ANPA deste curso! Son os seguintes...:

Premiados en Educación Infantil: 
1º premio: Antía Díaz Pita
2º premio: Iria Barrio Zamar
3º premio: Luis Alejandro Guerra Aldariz

1º premio: Un día xogando coas fadas, de Antía Díaz Pita

2º premio:  Soñaba que quería ser unha princesa nun palacio moi bonito, de Iria Barrio Zamar

3º premio: Eu convertido en paxaro, de Luis A. Guerra Aldariz


Premiados no grupo de 1º a 3º de primaria: 
1º premio: Olivia Taracido Janeiro
2º premio: Pablo Otero Mateos
3º premio: Diego Teo

1º premio: Miña xirafa, de Olivia Taracido Janeiro

Segundo premio: A lúa dos meus soños, de Pablo Otero Mateos

Terceiro premio: O golfiño e máis eu, de Diego Teo


Premiados no grupo de 4º a 6º de primaria: 
1º premio: Paula Sanín
2º premio: Marta Blanco Morros
3º premio: Celia Arias Abalde

Primeiro premio: El placer de un delicioso pastel, de Paula Sanín 

Segundo premio: Que haga siempre sol, que las nubes sean ovejas… de Marta Blanco Morros

Tercer premio: Vivir na illa de Pascua, de Celia Arias Abalde

¡Moitas grazas a todos por participar cos vosos preciosos soños debuxados, e moitas felicidades aos premiados! Vémonos na entrega de premios, no festival do día 26.

:-)

7 de mayo de 2013

ACORDOS DA REUNIÓN DO ANPA DO VENRES, 26 DE ABRIL

Algunos de los acuerdos a los que se llegó en dicha reunión:

  • Llevar al Consello Escolar el aislamiento de la zona de circulación de vehículos de la zona de tránsito de los alumnos por una cuestión de seguiridad 
  • Festival Solidario del ANPA el día 26 de mayo, con un precio de 2 € 
  • Escursión fin de curso del ANPA a las Islas Cies el día 16 de junio 
  • Pedir una sobre la seguridad en internet para los padres 


Saludos.

FESTIVAL SOLIDARIO DA ANPA RIO TELLA


26 de maio de 2013 17:00 h - 19:00 h

A ANPA do CEIP da Ramallosa celebra o seu festival solidario no CSC da Ramallosa. Trátase dunha iniciativa que repiten cada ano na que se implica toda a comunidade educativa.

5 de mayo de 2013

CONVOCATORIA DE CONSELLO ESCOLAR 07/05/2013

Pola presente convocaselle a vostede a unha reunión do Consello escolar deste centro con carácter, data, hora e lugar que se detallan a continuación:

  • Carácter: Ordinario
  • Data: 07/05/2013
  • Hora: 17:00
  • Lugar: SALA DE XUNTAS
  • Duración: 60 minutos
coa seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación, Se procede, da Acta da sesión anterior.
  2. Aprobación, se procede, do orzamento do comedor para o ano 2013.
  3. Obras e xestións sobre o aparcadoiro exterior.
  4. Actividades das Letras Gallegas e saída do día 14 pola contorna do Xirimbao. 
  5. Rogos e preguntas.

A Ramallosa 3 de maio de 2013
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.