30 de septiembre de 2013

CIRCULAR Nº2 CURSO 2013/14

Horario definitivo de actividades extraescolares para o curso 2013-2014

Lamentamos comunicar que hai unha serie de actividades que non poderán levarse a cabo por non acadar o número mínimo de alumn@s inscrit@s ao peche desta circular (aparecen tachadas na táboa). Tamén aparecen actividades con só catro alumn@s inscrit@s, polo que vos pregavos que consideredes a posibilidade de anotarvos nelas se a vosa actividade foi cancelada.



As actividades que se levarán a cabo, dado que son as que acadaron un número suficiente de alumno@s, son as remarcadas en negriña na táboa anterior: Xadrez, Ximnasia Rítmica 1, Ximnasia Rítmica 2, Circo 1 e 2 (xuntando os dous grupos ao martes), Manualidades 1 e 2 (xuntando os dous grupos ao mércores), Inglés cos Lunnis, Judo 1, 2 e 3, Baile varios estilos, Ballet e Baile Moderno, e Piscina.

A actividade de Ximnasia Deportiva aparece na táboa ofertada de xeito provisional, xa que só conta con 4 alumn@s inscritos. Queremos remarcar que dita actividade poderá ser cancelada se a ANPA e @ profesora responsable así o deciden, e despois de aviso mediante correo electrónico aos pais ou titores.

Aínda que formalmente o prazo de inscrición nas actividades rematou o 25 de setembro, animámosvos a que vos anotedes durante os próximos días en calquera actividade (aínda que moi especialmente en aquelas que teñen este baixo número de inscrit@s), xa que en todas aínda hai prazas vacantes; prorrogando así unha semana máis a inscrición ata o 6 de outubro. 
Conta da ANPA RÍO TELLA: 2080 0719 01 3040002062 de NOVAGALICIA Banco. 

En caso de calquera dúbida, podedes poñervos en contacto coa directiva da ANPA no enderezo electrónico anpariotella@gmail.com, ou a través do noso blog anpariotella.blogspot.com.es, ou en Facebook facebook.com/AnpaRioTella.

Cordialmente,

ANPA ‘Río Tella’             Teo, 30 de setembro de 2013

26 de septiembre de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR DO 24/09/2013

1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior. 

Lida e aprobada a acta da sesión anterior.

2) Aprobación, se procede, Solicitude de participaión nas Actividades de Inmersión Lingüistica (Ingles). 

Aprobada a participación nas Actividades de Inmersión Lingüística (12 votos a favor). Prepararase e presentarase o proxecto, a espera de que se nos conceda.

3) Comedor Escolar. 

Comedor. A día de hoxe 290 prazas ocupadas (están aínda metendo datos dos alumnos e das súas solicitudes). Considérase que entrarán todos os que o soliciten (o tope do comedor segue igual que o ano pasado, 324). Faise referencia ao importe a pagar, debendo pagar 60 nenos 4,5€/día; 2,5€/día pagan 12 nenos; 1€/día pagan 17 nenos e o resto terían o servizo gratuíto. Hai un 20 nenos coa documentación pendente de entregar.

Este curso cóntase con 10 coidadoras novas (con respecto ao ano pasado, porque hai algunha con experiencia de cursos anteriores). A día de hoxe hai unha valoración positiva do seu traballo.

O equipo de cociña, formado por catro traballadoras, está tamén funcionando correctamente.

4) Informes da Presicencia. 

Prégase aos pais que van a buscar aos nenos ao cole que entren a recoller os nenos, e non esperen xa dentro do coche que aparcan no novo aparcamento, para ter constancia de que saen do recinto acompañados por quen os vai a buscar.

Recordar que os servizos complementarios (comedor e autobús) axústanse a nova zona de escolarización.

5) Rogos e Preguntas. 

As rutas de transporte serán definitivas a primeiros de outubro, podendo existir desdobramento nas de Oza e Pontevea.

A xornada de presentación faise no salón de actos e no ximnasio, conxuntamente para pais e alumnos. A presentación nas aulas está pensada para o primeiro día so para os nenos.  Os pais seremos convocados na aula con posterioridade.

A información que se lle deu aos solicitantes de comedor que entraban no centro este curso, veu condicionada polos cambios que se foron coñecendo dende os meses de xuño ata setembro, e que a consellería foi comunicando. Para anos vindeiros prégaselle aos que veñan novos que estean mais pendentes da información e se dirixan a dirección ou aos representantes dos pais a fin de que non se produzan erros e dificultades para empezar o curso e contar cos servizos.



Pais asistentes: Fernando Pernas, Geraldina Aldariz, José González.

24 de septiembre de 2013

CLASE ABERTA DE CIRCO 25/SETEMBRO/2013

Jano Costas imparte unha clase aberta mañá 25 de setembro, de 15:20 a 16:00 no CEIP A Ramallosa, para dar a coñecer a actividade de Circo





Jano Costas é membro de CIRCONOVE. 

16 de septiembre de 2013

CAMBRIDGE YOUNG LEARNERS ENGLISH TEST (YLE)

1. NOME DA ACTIVIDADE: CAMBRIDGE YOUNG LEARNERS ENGLISH TEST (YLE)

2. FINALIDADE DA ACTIVIDADE:
Esta actividade ten como finalidade que os alumnos adquiran os coñecementos requeridos para poder presentarse os exames oficiais que se elaboran en Cambridge ESOL que forma parte da prestixiosa universidade de Cambridge no Reino Unido. Traballaremos as distintas partes das que consta o exame: Speaking, Reading, Listening, and Writing.

3. DESENROLO DA ACTIVIDADE:
Dado que existen tres niveis nas probas de inglés para nenos de Cambridge: Starters, Movers e Flyers, para nenos de idades entre 7 e 12 anos faremos distintos grupos en relación cos distintos niveis.
a) Primeiramente os alumnos deberán facer unha proba de nivel que revelará ó grupo que deberá asistir o alumno.
b) Faremos distintos grupos en función do nivel.
c) Para poder levar a cabo a actividade deberá haber un mínimo de 6 alumnos por cada nivel.
d) Traballaremos co material e recursos usados polo Centro Británico.
.
4. PREZOS:
O prezo da actividade será de 18 euros ó mes. (incluido o material). O prezo das taxas do exame oscilan entre 54€ 55€.(non están incluidas no prezo da actividade).


CIRCULAR Nº 1 CURSO 2013-2014

Descarga a primeira circular da ANPA RioTella do Curso 2013/2014 do CEIP A Ramallosa: 

Descargar  -  Ver

O procedemento para inscribirse nas actividades extraescolares é, como en anos anteriores, por vía telemática, cumprimentando o formulario que atoparedes no enderezo web  http://snurl.com/riotella2013





Descarga a primeira circular da ANPA RioTella do Curso 2013/2014 do CEIP A Ramallosa: 

Descargar  -  Ver

O procedemento para inscribirse nas actividades extraescolares é, como en anos anteriores, por vía telemática, cumprimentando o formulario que atoparedes no enderezo web  http://snurl.com/riotella2013



12 de septiembre de 2013

CIRCULAR DO EQUIPO DE CICLO DE E.I DO CEIP A RAMALLOSA


ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE TEO. CURSO 2013/2014

Arredor de 800 persoas asistiron ás actividades das escolas deportivas no curso pasado e a inclusión de novas actividades e o desdobramento doutras xa existentes en máis grupos fai prever un incremento para este novo curso. A oferta da actividade de Multideporte para nenos é a gran novidade para esta nova tempada. Os seus participantes introduciranse nas modalidades de béisbol, bádminton, tenis de mesa e balonmán.

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo oferta unha nova tempada as Escolas Deportivas municipais. Como xa ven sendo habitual nestes anos a oferta diferenciase entre as Actividades Deportivas para Adultos e as Escolas Deportivas para Nenos, mentres que os lugares nas que se impartirán estas serán os pavillóns municipais e algunhas das casas comúns das que o concello dispón repartidas pola xeografía teense.

Esta oferta terá para este curso 2013-2014 a novidade da inclusión de Multideporte para nenos. Nela os nenos e nenas participantes practicarán as modalidades de béisbol, bádminton, tenis de mesa e balonmán e será impartida nos tres pavillóns municipais: Os Tilos, Calo e A Ramallosa.

A esta nova modalidade hai que sumar as que xa se viñan ofertando durante os últimos anos con tan bo grao de acollida e participación, as cales nalgúns casos incrementan grupos. Tal é o caso de Atletismo, que tras iniciarse no pavillón dos Tilos durante o ano anterior, e por demanda expresa de grupos interesados, este ano ofértase tamén nos pavillóns de Calo e dos Tilos.

Xunto coas escolas xa citadas de multideporte e atletismo, as Escolas Deportivas propoñen outras actividades para nenos e nenas cunha variada oferta: patín, taekwondo, tenis, minitenis, tiro con arco, baloncesto e minideporte.

As Actividade Deportivas de Adultos están compostas por actividades de educación física para persoas maiores (Cóidate e Ximnasia) e pola actividade de Tenis, todas elas cun altísimo nivel de participación na pasada edición

As actividades comezarán a primeiros do mes de outubro e prolongaranse ata o mes de xuño, momento no que, como todos os anos, se dará clausura a estas escolas con distintas xornadas de exhibicións e exposicións dos traballos realizados durante o curso.

O prazo de preinscrición está establecido entre o 2 e o 17 de setembro e realizarase por orde de entrada no Rexistro de Entrada no Concello. Polo tanto, a partir do 19 de setembro as persoas preinscritas poderán consultar a súa admisión, ben na web municipal, ben no propio Departamento de Deportes municipal, antes de confirmar a matrícula mediante o pagamento da primeira taxa.

Máis información sobre as escolas deportivas e as fichas de inscrición premendo aquí

O Concello de Teo abre o prazo de preinscrición para as escolas deportivas para nenos/as e para adultos durante o curso 2013/14. O prazo de preinscrición estableceuse entre o 2 e o 17 de setembro. A admisión realizarase por rigorosa orde de entrada da ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

A formalización da inscrición farase entregando o xustificante do primeiro pagamento do 19 ao 26 de setembro e para poder facela deberán consultar as listaxes de admitidos desde o 19 de setembro.

Consulta a información sobre as escolas e descarga as fichas de inscrición:

Ficha de inscrición nas escolas deportivas para nenos 

Lugar de solicitude:
Departamento de Deportes do Concello de Teo
Lugar de tramitación:
Rexistro Xeral do Concello de Teo
Prazo:
Do 2 ao 17 de setembro de 2013.
En prazo de presentación: 02/09/2013 - 17/09/2013

ESCOLAS CULTURAIS DO CONCELLO DE TEO. CURSO 2013/2014

O Departamento de Cultura municipal, dirixido por Carme Hermida, abre o prazo para anotarse nas escolas culturais dirixidas a nenos/as e adultos/as. A programación mantén unha oferta estable de actividades de xeito que as persoas que xa asistiron en anos anteriores poidan continuar con esta formación en diversas disciplinas.

As actividades ofertadas céntranse nas artes plásticas, as artes escénicas, as artes musicais e o baile. O obradoiro de artes plásticas está aberto a nenos/as dende os 3 anos ata os 14 e farase os luns na escola de Ameneiro en Calo e os martes no local de Tras do Eixo, en Cacheiras. Neste taller traballarase con técnicas como o lapis, carbón, tinta china, óleo, sanguina, acrílico, modelado... O obradoiro está impartido por un animador sociocultural, artista plástico e pintor e ademais da formación na aula ten programadas actividades no exterior e algunha visita a museos o salas de exposicións.

O obradoiro de teatro ten dous grupos diferenciados por idades. O xuvenil é para nenos/as de 9 a 16 anos e o de adultos está dirixido a mozos/as maiores de 16 anos e adultos. As clases serán no CSC da Ramallosa e o horario determinarase en función do interese das persoas inscritas. Durante o curso montarase unha obra teatral que será representanda en público ó remate do obradoiro.

O obradoiro de guitarra, que se imparte no local de ensaio de Calo os martes pola tarde, está impartido por un músico profesional, cantautor e profesor de guitarra. Nesta escola aprenderase a tocar a guitarra dende cero, nos niveis básicos mentras que o alumnado que xa teña coñecementos estará accederá ó nivel medio.

O obradoiro de baile este ano será impartido polo Taller Alecrín de danza en colaboración co Concello. Deste xeito para inscribirse hai que facelo directamente chamando ó teléfono 881 981 738 (Francisco Muñiz) de luns a venres de 10 a 14 horas. Este obradoiro farase na Casa Común de Oza os mércores e ofértase baile deportivo para rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, baile en liña e bailes latinos e de salón tanto de iniciación coma de perfeccionamento.

Para anotarse nalgunha destas escolas hai que facer unha preinscrición entre os días 2 e 20 de setembro entregando unha ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 a 13:00 horas. A ficha xa se pode recoller nas oficinas de Cultura, no CSC da Ramallosa, nas oficinas xerais do Concello ou descargala premendo aquí

A admisión nos obradoiros farase por rigurosa orde de inscrición. As persoas admitidas poderán formalizar a matrícula entre o 21 e o 26 de setembro. A listaxe de admitidos publicarase na web www.concellodeteo.com e no taboleiro no Rexistro Xeral o 21 de setembro. Para formalizar a inscrición hai que facer o pagamento da taxa correspondente á actividade e entregando o resgardo do xustificante do pagamento no Departamento de Cultura. As escolas comezan a funcionar a primeiros de outubro e rematan en xuño. No curso pasado participaron nalgún dos obradoiros culturais ó redor de 200 persoas.

11 de septiembre de 2013

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014 CEIP A RAMALLOSA

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2013/2014 do CEIP A Ramallosa.



DECRETO 132/2013 - COMEDORES XUNTA DE GALICIA




CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. 



10 de septiembre de 2013

COMIC "OS PERIGOS DE INTERNET"




CALENDARIO ESCOLAR 2013/2014 - XUNTA DE GALICIA



Orde do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. Calendario escolar 2013/2014 (DOG)
Calendario escolar 2013/2014
Setembro
2, 3, 4, 5  Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2012/2013
11 Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria
16 Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial
Outubro
31 Día non lectivo. Día do Ensino
Novembro
1 Día non lectivo. Todos os Santos
Decembro
6 Día non lectivo. Día da Constitución
22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal
Xaneiro
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8  Vacacións de Nadal
Marzo
3, 4, 5 Vacacións de Entroido
Abril
14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21  Vacacións de Semana Santa
Maio
1 Día non lectivo. Festa do traballo
Xuño
20 Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional

INICIO DO CURSO 2013/2014

O horario do período de adaptación fíxoo o equipo de Infantl e daránllelo a coñecer as familias o día 11 nas titorías.

O día 11 terá o horario de anos anteriores: ás 9:30 os de Infantil entrarán no ximnasio e logo irán ás aulas cos pais e as titoras. Os de primaria entrarán no salón de actos e logo tamén ás aulas. 

Saúdos. 
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.