2 de julio de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR DO 28/06/2013

1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior. 

 Lida e aprobada.

 2) Informes da Presidenta. 

No centro hai problemas de conexión coa rede Wifi, polo que se quere cablear as instalacións de tal maneira que o acceso a internet sexa continuo e efectivo. Pedíronse dous presupostos e aceptouse por parte do Consello Escolar a devandita actuación.

El Consello aprobou la continuidade de los Contratos-Programa (Proa, …)

Aprobouse a inscrición para a formación do profesorado na liña dos TIC, Metodoloxía e Atención á Diversidade.

 3) Previsión de matrícula para 2013-2014. 

Revisáronse os datos de previsión de matrícula para o curso 2013-2014, 397 alumnos, pendentes de pechar os grupos nos distintos cursos. O número de alumnos para o servizo de comedor será o mesmo que o presente curso. Aínda non se dispón de datas para saber os que teñen que pagar o servizo. Haberá nova cociñeira.

4) Aprobación, se procede, da Memoria Final do 2012-2013 

A Memoria foi aprobada con unha abstención.

5) Escritos presentados por grupos de nais/pais sobre posibilidades de desdobre de 5º de infantil, sobre comedor escolar, etc. 

En canto ao desdobre de 5 anos, se intentarán formar grupos flexibles, de tal xeito que o número de alumnos sexa o mais axeitado para a súa formación.

En canto ao escrito do comedor, o Consello considerou facer un seguimento continuo no vindeiro curso 2013-2014 para que o funcionamento sexa o máis adecuado para a educación dos alumnos, xa que o comedor é un espazo educativo. Este seguimento ten o cometido de corrixir os erros que poidan producirse no día a día do servizo. Como colaboradores implicarase aos alumnos, aos pais/nais e titores, a súa participación será tan importante como a do propio centro. A atención ao servizo de comedor formará parte do Plan Titoríal e da Comisión de Convivencia.

6) Rogos e preguntas 

Pediuse por parte dos representantes dos pais, que as actividades do final de curso non estean tan xuntas, de forma tal que non interfiran nos exames finais para os alumnos que así o precisen. Comentouse por parte do Centro que o curso que remata foi complicado a causa do mal tempo o de ter un terceiro trimestre tan curto.

Por parte dos pais, asistiron Fernando Pernas, Roberto e Xosé.
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.