13 de noviembre de 2013
CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE ENSINO E TRANSPORTE PARA O CURSO 2013/14 DO CONCELLO DE TEO
31 de octubre de 2013
RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR DO 29/10/2013
1) Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
O Secretario do CEIP comunicou que a través dunha dilixencia que as actas do Conselo Escolar se realizarán en soporte dixital.
A acta da sesión anterior foi leida polo secretario e aprobada polo conxunto de asistentes.
2) Aprobación, se procede, do Plan Xeral Anual
Aprobada a participación nas Actividades de Inmersión Lingüística (12 votos a favor). Prepararase e presentarase o proxecto, a espera de que se nos conceda.
O Subdirector do CEIP procedeu a ler algúns temas do Plan Xeral Anual (PXA). Tratáronse temas importantes do PXA como a Avaliación de Diagnóstico 2012 do CEIP. Para mellorar os resultados en próximo ano, o PXA propón unhas accións de mellora, que con respecto ás familias e o ámbito son as seguintes:
- Estimular a comunicación familia-escola.
- Lograr o compromiso das familias no seguimento e apoio ao alumnado, segundo as indicación do profesorado.
- Insistir na necesidade da lectura diaria na casa.
- Crear hábitos de estudo e traballo na casa.
3) Rogos e preguntas
Clara Rosón López, representante dous pais, propuxo dúas conferencias:
- Sobre Roberto Vidal Bolaño (dedicado a pais)
- Sobre o uso de internet nas familias (dedicado aos alumno)
Roberto Blanco entregou un documento con son proposta e achegas que os pais de alumnos do CEIP A Ramallosa fan aos seus representantes directamente ou a través das vías de comunicación á súa disposición como o Blog, correo electrónico, facebook e reunións periódicas do ANPA.
En resumo as peticións e respostas foron estas:
a.- Propúxose illar a zona de recreo da zona de tránsito de vehículos, tal e como se recolle no PXA.
Resposta: Non se considera unha obra prioritaria.
b.- Solicítase que os contedores de lixo se cambien de lugar e se sitúen nunha zona na que os alumnos non poidan acceder, eliminando os problemas de hixiene e malos cheiros que poden ocasionar a súa localización.
Resposta: Non se propón solución ao respecto.
c.- A canastra de baloncesto oxidada e os restos da base doutra canastra seguen no patio de recreo, despois de pedir nun Consello anterior a súa retirada. Pedimos novamente a súa retirada inmediata por supoñer un perigo para os alumnos.
Resposta: Están a esperar que o Concello ou algunha empresa interesada nos restos retiren a canastra.
d.- Tratáronse algúns problemas sobre o comedor, entre os que está o abastecemento de auga durante os períodos nos que sae sucia polas billas.
Resposta: En canto ao abastecemento, se a Directora e a Responsable de Comedor consideran que a auga non é acta para o consumo, chaman oConcello e a través de Protección Civil Teo, subminístrase auga embotellada.
e.- Cando chove a auga acumúlase nas marxes internas do aparcadoiro habilitado para os pais dos alumnos, deixando charcos de auga no patio de recreo dos nenos. Queremos saber se isto está solucionado.
Resposta: Non se ten constancia dese problema, pero intentarase estar pendente nos próximos días. Se este problema é certo, tomaranse medidas para solucionalo.
f.- O horario de peche das portas do aparcadoiro habilitado para os pai de alumnos péchase ás 16:00. Pídese que os martes, xoves e venres este peche se atrase ata as 17:30 polos seguintes motivos:
- martes os pais teñen as entrevistas cos profesores e estas adoitan rematar ás 17:30.
- xoves a actividade do ANPA de Ballet e Baile remata dá as 17:30 e os pais que recollen aos seus fillos necesitan aparcar.
- venres a actividade do ANPA de Judo remata dá as 17:30 e os pais que recollen aos seus fillos necesitan aparcar.
Resposta: Este problema está solucionado.
g.- Existe preocupación pola lúa do ximnasio do CEIP, xa que se encontra con danos visibles e que poden ser un perigo para os alumnos que xogan no patio ou fan actividades dentro do ximnasio.
Resposta: É vidro laminado.
Pais asistentes: Fernando Pernas, Geraldina Aldariz, Clara Rosón, Roberto Blanco
29 de octubre de 2013
15 de octubre de 2013
PROXECTO DAS ACTIVIDADES DO APOIO EDUCATIVO
O currículo de Educación Infantil, sinala no seu artigo 3º.
1. A finalidade da Educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.
2. Na educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais facilitarase que nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos, positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
Polo tanto, calquera actividade educativa plantexada dentro da escola, debe incidir e axudar a acadar os fins arriba expostos. Como mestra responsable, das actividades de apoio educativo e en estreita coordinación coas mestras titoras dos vosos fillos e fillas, a miña proposta pretende ser coherente cos obxectivos, contidos e metodoloxía que o currículo fixa para esta etapa educativa, conferíndolle a mesma importancia a todas as situacións de aprendizaxe.
O motor principal da acción educativa debe ser, polo tanto, o desenvolvemento integral da persoa, a través de experiencias e actividades didácticas de carácter lúdico, partindo da realidade individual de cada criatura para chegar a acadar, de xeito gradual , os obxectivos sinalados para esta etapa educativa. Ademais o noso currículo no seu anexo II, recolle a importancia de introducir xa desde esta etapa educativa as oito competencias a desenvolver e á acadar ao longo do ensino básico. Pensamos que estas actividades son un exemplo de proposta globalizada para o logro de todas as competencias, con especial incidencia na competencia en comunicación lingüística, competencia cultural e artística, social e cidadá, competencia na interación co mundo físico, competencia para aprender a aprender e por suposto “autonomía e iniciativa persoal”.
9 de octubre de 2013
ANTEPROXECTO DE DECRETO ..../2013, DO .......... DE ....., POLO QUE SE DESENVOLVE A LEI 4/2011, DO 30 DE XUÑO, DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN MATERIA DE CONVIVENCIA ESCOLAR
Anteproxecto de Decreto …./2013, do...................de...., polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


