11 de junio de 2015
10 de junio de 2015
POLA GRATUIDADE UNIVERSAL DOS LIBROS DE TEXTO
Ó Ensino Público é unha realidade imprescindible na nosa vida, é a garantía de que os nosos fillos e fillas terán futuro, e que todas e todos o terán nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Para que isto sexa así nós, as familias, traballamos todos os días, para que o Ensino Público mellore constantemente e para que ninguén quede fóra del.
Nós sabemos que no Ensino Público non pode haber diferenzas porque queremos que os nosos fillos e fillas medren en igualdade, e porque entendemos que a súa educación debe estar ao marxe das diferenzas económicas, por iso defendemos sempre que TODO o ensino público ten que ser gratuíto, e podemos dicilo e esixilo porque nós, a xente deste País, somos quen aportamos cos nosos impostos todo o diñeiro público, e debemos ser nós tamén quen decidamos en que e como se vai utilizar ese diñeiro.
Pero é necesario que aqueles a quen escollemos para que organicen a administración da vida en común actúen de acordo co que nós decidimos, porque foi para iso para o que os escollemos, e escoiten e entendan que:
• Todos os nenos e nenas desta Nosa Terra teñen dereito a un ensino público gratuíto
• Dentro dese ensino público gratuíto teñen que estar incluídos todos os libros de texto.
• Identificamos libros de texto con calquera material didáctico adaptado que calquera neno ou nena poida necesitar, e reclamamos tamén a súa gratuidade.
• Eses libros e material son de todos, e queremos recibilos só en préstamo mentres os necesiten os nosos nenos e nenas, para que logo volvan aos seguintes e así mentres sexan utilizables.
E repetímolo, por se non se nos entende:
As FAMILIAS E AS ANPA QUE FORMAMOS A FEDERACIÓN… E A CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS.
ESIXIMOS A VOLTA A UN SISTEMA DE PRÉSTAMO UNIVERSAL E GRATUITO DO LIBROS DE TEXTO OU DO O MATERIAL QUE OS SUBSTITÚA, SEN QUE DEPENDA DAS RENDAS DAS FAMILIAS, SENÓN QUE SEXA O MESMO PARA TODO O ALUMNADO GALEGO.
ESIXIMOS TAMÉN A GRATUIDADE ABSOLUTA, SEN QUE DEPENDA DE NINGUNHA CONDICIÓN PERSOAL NIN ECONÓMICA, DE TODO O MATERIAL DIDÁCTICO ADAPTADO QUE PRECISE CALQUERA NENO OU NENA GALEGOS.
3 de junio de 2015
29 de mayo de 2015
CAMBIO DE LIBROS - CARTA ABERTA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DA CONFEDERACION DE ANPAS GALEGAS
CARTA ABERTA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
O curso 2014-2015 remata dentro dunhas poucas semanas, e antes de que iso aconteza hai que lle dar ás familias
a información sobre os libros de texto para o vindeiro ano escolar, un ano no que se ha completar a implantación
da LOMCE nos cursos de Primaria, e no que comezará a se implantar nos cursos impares de Secundaria.
O pasado ano, por estas datas, as familias fixemos unha ampla campaña para que os libros de texto non se
cambiaran para aqueles cursos nos que a LOMCE comezaba a súa andaina, porque considerabamos que o custo
para as familias non se xustificaba coa implantación apresurada e desorganizada dunha Lei que a comunidade
rexeitaba e que tiña moitas posibilidades de ter unha vixencia moi breve. Así foi, e mesmo temos que lembrar as
palabras do entón conselleiro de educación que xustificaba a permanencia dos libros anteriores dicindo que “hai
marxe para que os novos contidos poidan ser adaptados nas aulas”; palabras que entendemos que continúan a
ser da mesma actualidade que entón.
Un ano máis tarde, e logo de ter solicitado diversas reunións coas autoridades educativas para tratar sobre este
tema, mesmo logo de ter enviado ao Parlamento de Galicia, a través dos grupos parlamentares que se fixeron eco
das nosas demandas, unha solicitude de aclaración pública sobre a postura da Consellería de Educación en canto
ao cambio de libros de texto e á organización dos bancos de libros previstos na Orde de axudas do ano 2014, a
resposta da Consellería é o silencio e a falta intencionada de información, o que significa un claro desprezo ás
familias que neste momento aínda non coñecemos cal vai ser a magnitude do gasto ao que nos enfrontaremos o
curso próximo e, sobre todo, cal vai ser a utilidade dese gasto, toda vez que a LOMCE é unha norma da que cabe
presumir unha pronta derrogación.
O 13 de xullo de 2013, logo de que o Congreso dos Deputados rexeitara todas as emendas á totalidade
presentadas contra da LOMCE, todos os partidos da oposición asinaron un compromiso para derrogar esa Lei “no
primeiro período de sesións da próxima lexislatura”, obviamente se chegaban ao Goberno logo das eleccións
xerais que se han celebrar no próximo outono.
Vistos os resultados das eleccións municipais do pasado domingo, e sen pretender facer análise electoral que é
algo que non nos corresponde, ás ANPA éntranos unha dúbida razoable sobre a vixencia da actual norma
educativa, e preguntámonos cal é o sentido de continuar co seu desenvolvemento, e de variar os libros de texto
que o alumnado terá que utilizar, cando entra facilmente dentro do posible que moito antes de que remate o
próximo curso escolar xa non sexa máis que unha norma antiga e que xa non estea en vigor.
E por iso, dende a Confederación ANPAS GALEGAS, solicitamos da Administración Educativa da Xunta de Galicia
que para o próximo curso escolar 2015-2016 non se permita o cambio de ningún libro de texto nin no ensino
primario nin no secundario, en previsión de que os libros que se puideran mercar tiveran que ser novamente
cambiados un ano máis tarde, por causa doutro cambio normativo; e que se aproveite este novo curso para
organizar a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto que a comunidade educativa leva demandando unanimemente dende que se substituíu por un sistema de axudas que resulta ineficaz, inxusto e
tremendamente custoso para os presupostos públicos e privados.
E quixeramos preguntarlle ao Conselleiro de Educación, por este medio xa que rexeitou sistematicamente darnos
unha resposta polas outras canles utilizadas:
- Cal vai ser a postura da Consellería diante do posible cambio de libros de texto para o próximo curso escolar?
- Cómo van organizar os bancos de libros que están previstos na Orde de axudas do ano 2014 ? Por qué non poñen novamente en marcha o sistema de préstamo universal e solidario que demanda toda a comunidade educativa ?
- Cales son os intereses que defende esa consellería, os das familias ou os da industria editorial, cando están dispostos ao silencio cómplice diante dun gasto innecesario e moi dificilmente asumible para as familias ?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




