31 de marzo de 2017

CAIXABANK CO ANPA RIO TELLA

O ANPA Río Tella ten como obxectivo primordial colaborar na mellora educativa do CEIP A Ramallosa, tentamos dedicar a maior parte do noso tempo a esta tarefa. Buscamos colaboracións en institucións tanto públicas como privadas, e nesta procura a Obra Social la Caixa a través da oficina d CaixaBank de Cacheiras propúxonos unha axuda para atender ao alumnado con “necesidade específica de apoio educativo” que require, de forma temporal ou permanente, apoios ou previsións educativas diferentes ás ordinarias. 

 Queremos agradecer a Laura Álvarez Poza (Xestora Colectivos de Caixabank), e a Nicolás Rivas Soilán (Director da Oficina de Caixabank de Cacheiras), ao profesorado do CEIP A Ramallosa e ao Concello de Teo o traballo realizado para poder dotar de material ao equipo de orientación do CEIP A Ramallosa e poder mellorar as condicións dos alumnos con necesidades específica de apoio educativo e a todo o alumnado do CEIP.



25 de enero de 2017

COLOCACIÓN DA PORTA DO PASILLO DE INFANTIL

Este curso 2016/2017 o ANPA Río Tella a subvencionado integramente a colocación dunha porta no corredor de Infantil, co propósito de crear un illamento térmico, dado que ese corredor é o máis frío de todo o CEIP A Ramallosa. 

Pasado un tempo desde a colocación e consultando aos profesores e aos pais que teñen alumnos nestes cursos dinnos que se nota o incremento da temperatura. 

Sabemos que non é a solución definitiva, xa que o edificio é moi antigo e ten un problema de illamento xeral nas xanelas e as portas. 

Seguiremos traballando para reclamar á Xunta unha remodelación xeral en todo o CEIP igual que se fixo noutros centros da comarca de Santiago que tiñan o mesmo problema de antigüidade e illamento.  
Por iso pedímosvos participación no ANPA Río Tella. 

Saúdos.




Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.