11 de septiembre de 2012

LIBROS NO BANCO DE LIBROS DO CONCELLO PARA 5º DE PRIMARIA


EDUCACIÓN

A Concellaría de Educación informa que aínda quedan lotes para o préstamo no Banco de Libros do Concello para 5º de primaria

10/09/2012
A dous días escasos do comezo do curso escolar en infantil e primaria a Concellaría de Educación informa que no Banco de Libros do Concello de Teo aínda quedan lotes de libros que poden ser usados por alumnos/as de 5º de primaria. A edil María Álvarez Garea explica que “neste momento quedan exemplares tanto para o centro da Ramallosa, coma para Calo, nos dous casos para 5º”.
As familias interesadas en beneficiarse do Banco de libros impulsado dende o Concello poden achegarse á Aula de informática, no Centro Sociocultural da Ramallosa e cubrir a ficha de solicitude. A concelleira de Educación explica que a maior demanda neste primeiro ano de funcionamento do servizo de préstamos foi de libros de 6º de primaria, polo que as familias solicitantes á súa vez, cederon lotes do último curso, neste caso 5º de primaria. O Concello de Teo, a través da concellería de Educación poñía en marcha este verán un Banco de Libros para que as familias puideran compartir libros de texto e de lectura en bo estado. Esta iniciativa busca servir de apoio económico ás familias.  
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.