6 de octubre de 2012

NOTA INFORMATIVA DA ASAMBLEA ORDINARIA DO 3 DE OUTUBRO DE 2012

O pasado 3 de outubro celebrouse a Asemblea Ordinaria da ANPA Río Tella, na que figuraban os seguintes puntos na orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior
  2. Aprobación das contas do curso 2011-2012
  3. Presentación do programa de actividades
  4. Rogos e preguntas

Pasamos a resumir cada un destes puntos.
1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior.

Laura Mª Lojo Rodríguez, como secretaria da ANPA, procedeu á lectura da acta, que foi aprobada pola totalidade dos asistentes.

2. Aprobación das contas do curso 2011-2012

Arantza Portabales Santomé, como tesoureira da ANPA, entregou aos asistentes un resumo de ingresos e gastos correspondentes ao curso 2011-2012, explicando aos presentes na reunión os conceptos sinalados no devandito resumo. As contas foron aprobadas pola totalidade dos asistentes.

3. Presentación do programa de actividades

Mercé Morros Torrents, como presidenta da ANPA, presentou o programa de actividades para o curso 2012-2013. Algúns asistentes interesáronse sobre algunhas cuestións particulares de certas actividades, cuestións que foron respondidas e aclaradas polos membros da directiva da ANPA.

4. Rogos e preguntas

Neste punto Xavier Valiño García, representante da ANPA no Conselo

Escolar, fixo un pequeno resumo do falado no Conselo celebrado o día 2 de outubro de 2012.

Algúns asistentes formularon queixas sobres o funcionamento do servizo de comedor. Tralo debate, acordouse que os membros da xunta directiva da ANPA se informarán nos próximos días dos posibles problemas que hai no servizo de comedor e que poidan afectar aos alumnos do centro.


Un saúdo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.