13 de noviembre de 2012

OLLOS DE AULA


Prezados/as amigos/as,


Xa tedes nas vosas mans o Nº 2 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Como sabedes, está pensada como unha ferramenta máis de apoio ao traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do voso centro mais coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e moi especialmente ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.



Gustaríanos que dende a humildade destas oito páxinas, Ollos de aula servise de canle de comunicación entre o centro e as familias, entre os equipos e as familias, etc., por iso non dubidedes en poñervos en contacto con nós para facernos chegar calquera consulta, suxestión, etc.: ollosdeaula@gmail.com <mailto:ollosdeaula@gmail.com> .



Ollos de aula é unha revista da CGENDL mais dende os Equipos podedes personalizala para adecuala ao voso centro e ao voso contorno respectando o deseño orixinal. Para iso podedes botar man de programas como Adobe Acrobat Professional ou Photoshop ou simplemente encartar alguna folla propia, mais, como comprenderedes, non podemos enviar a maquetación aberta.






Saúdos. 

Consello Directivo

CGENDL

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.