10 de enero de 2013

PAGO DAS ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE


Estimadas familias,
Lembrámosvos que tedes de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro para pagar os importes das actividades extraescolares do Segundo Trimestre deste curso. A conta na que tedes que aboar as cuantías é a seguinte: 2080-0719-01-3040002062 de NOVAGALICIA Banco. Lembrade que se debe indicar no concepto o nome e apelidos d@ nen@ así como das actividades nas que se inscribe, non da persoa que fai o ingreso. Exemplo: MANUEL FERNÁNDEZ GARCÍA- JUDO, XADREZ.

O ingreso non ten custe adicional para os clientes de dita entidade. Para @s que non son clientes, se queren evitar a comisión de 3 euros que cobra o banco por ordenar unha transferencia, a solución é poñer de ordenante a Anpa Río Tella e no asunto ou concepto o nome e apelidos d@ nen@ e as actividades nas que se inscribe.


Os prezos das actividades por trimestre son os seguintes:
  • Ballet e baile moderno: 45 €
  • Circo: 42 €
  • Funky, Hip-hop e Rap: 42 €
  • Inglés cos Lunnies: 42 €
  • Judo: 42 €
  • Manualidades: 52 €
  • Piscina: 50 €
  • Xadrez: 42 €
  • Ximnasia deportiva: 42 €





Recibide un saúdo da Directiva da ANPA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.