4 de junio de 2014

RENOVACIÓN DA DIRECTIVA DO ANPA RIO TELLA - CURSO 2014/2015


Queremos chamar á vosa atención sobre o proceso de elección de cargos na directiva da ANPA, que logo de varios anos de traballo ve a necesidade dunha renovación. 

Deste xeito, animámosvos a que consideredes a posibilidade de formar parte dun novo equipo directivo da ANPA, unha actividade que agora máis que nunca é fundamental para garantir o dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación pública de calidade, especialmente tendo en conta que, coa entrada en vigor da nova Lei de Educación —LOMCE— o Consello Escolar pasara a ser un órgano exclusivamente consultivo, con pouca capacidade de intervir de xeito directo nas decisións que atinxen ça educación dos nosos fillos e fillas. 

De non existir candidatos ou candidatas dispostos a exercer esta responsabilidade, procederíase á disolución da ANPA, o que levaría asociado a desaparición dunha serie de servizos (actividades extraescolares, servizo de madrugadores), así como de ingresos económicos a través de subvencións imprescindibles para diversas actuacións coas que se sufragan melloras no centro e outras actividades. Agardamos a vosa asistencia.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.

ANPA ‘Río Tella’

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.