8 de octubre de 2014

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE TEO PARA O CURSO 2014/15

Publícanse as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para o curso 2014/15. O obxecto da presente convocatoria de axudas é favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos de Teo.
Requisitos:
Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
– PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA).
– ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña.
– FP OU PCPI: calquera centro público.
– BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.
– UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.
– ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: calquera centro galego.
– O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.
c) Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente. Consideraranse fillos dependentes os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2013.
d) Presentar CERTIFICADO DE MATRÍCULA do/a alumno/a para o curso 2014/2015 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.
g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte o alumnado de:
a. Formación Profesional.
b. PCPI.
c. Universitarios.
d. Alumnado de Bacharelato que curse estudios no IES de Pontepedriña, ou noutro IES nalgunha modalidade que non se imparta no municipio.
e. Alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado en centros de educación especial e talleres ocupacionais de fora do Concello.
f. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.
Documentación:
a) As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso normalizado que se inclúe como anexo I e poderá así mesmo obterse nas oficinas xerais (Rexistro de Entrada) do Concello de Teo ou ben premendo aquí
b) Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamente cuberto, presentarase a seguinte documentación:
– Fotocopia do DNI do solicitante (pai, nai ou titor).
– Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
– Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2013 dos pais ou titores legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda. Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar ou no caso de percibir pensións non contributivas deberá acreditala mediante informe social. Nos casos de separación ou divorcio estase ao previsto na Base 6.ª para a determinación dos membros da unidade familiar. Os fillos entre 18 e 25 anos inclusive, que perciban rendas e non figuren na declaración da renda dos pais aínda que residan con eles, deberán acreditar os seus rendementos e computarán como ingresos da unidade familiar.
– No caso de presentar solicitudes para varios irmáns, só é necesario presentar un exemplar da fotocopia do DNI do solicitante, do libro de familia e da declaración do IRPF dos proxenitores.
– Facturas orixinais ou copia cotexada que acrediten o gasto realizado en material escolar ou libros para o alumnado de primaria, infantil e E.S.O. Dado o carácter finalista das axudas desta convocatoria, en ningún caso, o importe da axuda concedida polo Concello poderá ser superior ao gasto realizado polo/a beneficiario/a. En consecuencia, de ser necesario, realizarase o oportuno axuste na cantidade da axuda concedida en cada caso. Se se detectasen facturas falsas ou fraude na declaración dos datos facilitados se perderá o dereito a obter as axudas en anos seguintes.
– Certificado da matrícula expedido polo centro educativo para o alumnado de Bacharelato, F.P. , PCPI, universitarios, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.
– Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Teo para que realice as comprobacións oportunas durante o todo o período que dure o proceso, segundo anexo II.
Documentación complementaria:
– Certificado que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede.
– Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2014 dalgún membro da unidade familiar, se procede.
– Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos os dous proxenitores.
Lugar de solicitude:
A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8.00 a 14.00 horas ou os sábados de 9.00 a 13.00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo:O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia
O prazo remata o 31 de outubro.
En prazo de presentación: 09/10/2014 - 31/10/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.