12 de febrero de 2015

XIII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

XIII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE




Bos días,A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: ?Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión desta actividade formativa destinada a sensibilizar as familias no importante labor que poden realizar co fin de apoiar usos seguros e saudables dos videoxogos e smartphones por parte de nenos, nenas.

Día: 21 de febreiro de 2015Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de CompostelaPrazo de inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015

Agradecémoslles que remitan copia deste correo electrónico á ANPA do seu centro.

Poderá atopar o programa e a solicitude de inscrición na nosa páxina web no folleto que se achega neste correo electrónico e na: http://igualdade.xunta.es

Grazas pola colaboración, un saúdo,

Secretaría Xeral da IgualdadeEdificio Administrativo San Lázaro S/N15703   Santiago de Compostela


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.