6 de septiembre de 2016

ALTA E RENOVACIÓN DOS SOCIOS DA ANPA RIO TELLA. SERVIZO DE MADRUGADORES

Desde o  ANPA Río Tella queremos darvos a benvida a este novo curso 2016/2017.

Como sabedes o luns 12 comezan as clases así como o servizo de madrugadores do ANPA. Este servizo ten prezos especiais para os socios do ANPA.

Para poder beneficiarvos destes descontos é necesario realizar a inscrición e o pago correctamente.
Este ano temos unha nova folla de inscrición para socios, é necesario cumprimentala correctamente (utilizar letra maiúscula).  Este formulario é para todos os socios, novos e renovacións. 

Para aqueles usuarios do servizo de madrugadores, habilitamos un prazo de pago para a cota de socios de 10 días polo que deberá entregar o formulario co xustificante bancario de ingreso na secretaría do colexio antes do día 26 de setembro de 2016. A cota de socio é de 20 €.

As actividades comezarán en outubro. Durante o mes de setembro realizaremos unha preinscrición e posteriormente unha inscrición naquelas actividades que alcanzasen o número mínimo de alumnos para poder realizala.

A inscrición e pago da cota de socios para as actividades terán outro prazo, xa que dependerá das actividades finalmente ofertadas.


As follas de inscrición dos socios da ANPA estarán a disposición na secretaría do CEIP A Ramallosa, así como solicitándoa por correo a anpariotella@gmail.com ou no grupo de Facebook ou blog , tamén para calquera dúbida podédesvos dirixir a este correo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.