12 de enero de 2017

PAGO ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE

Comezamos o segundo trimestre das actividades extraescolares do ANPA Río Tella.

Xa están dispoñibles as follas de autoliquidación para efectuar o pago das actividades. En todas as actividades menos en piscina faremos chegar esta folla a través dos monitores ou responsable da actividade. Tamén podes descargala no grupo de Facebook do ANPA Río Tella ou no Blog.

Unha vez efectuado o pago entregarase ao monitor da actividade a folla deautoliquidación 
cumprimentada e o resgardo de pago bancario. Se se fai por transferencia electrónica imprimir o pdf xustificativo e entregalo xunto á follade autoliquidación.

Para os alumnos de piscina, enviarémoslles por correo electrónico a folla de autoliquidación, que deberán entregar xunto ao xustificante bancario na Conserjería do CEIP A Ramallosa. Tamén poderán retirar a folla de autoliquidación na Conserjería a partir do luns 15 de xaneiro de 2017.


O prazo de entrega os documentos finaliza o día 27 de xaneiro de 2017. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.