4 de abril de 2017

FOLLA DE AUTOLIQUIDACIÓN. TERCEIRO TRIMESTRE

Terceiro trimestre das Actividades Extraescolares.

Comezamos o terceiro trimestre das actividades extraescolares do ANPA Río Tella.

Xa están dispoñibles as follas de autoliquidación para efectuar o pago das actividades. En todas as actividades menos en piscina faremos chegar esta folla a través dos monitores ou responsable da actividade. Tamén podes descargala no grupo de Facebook do ANPA Río Tella ou no Blog.

Unha vez efectuado o pago entregarase ao monitor da actividade a folla de autoliquidación cumprimentada e o resgardo de pago bancario. Se se fai por transferencia electrónica imprimir o pdf xustificativo e entregalo xunto á folla de autoliquidación.

Para os alumnos de piscina, enviarémoslles por correo electrónico a folla de autoliquidación, que deberán entregar xunto ao xustificante bancario na Conserjería do CEIP A Ramallosa. Tamén poderán retirar a folla de autoliquidación na Conserjería.

 O prazo de entrega os documentos finaliza o día 17 de abril de 2017.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.