Comenzo do curso escolar 2012/2013 no centro de ensiño CEIP A Ramallosa
12 de septiembre de 2012
11 de septiembre de 2012
LIBROS NO BANCO DE LIBROS DO CONCELLO PARA 5º DE PRIMARIA
EDUCACIÓN
A Concellaría de Educación informa que aínda quedan lotes para o préstamo no Banco de Libros do Concello para 5º de primaria
10/09/2012
A dous días escasos do comezo do curso
escolar en infantil e primaria a Concellaría de Educación informa que no
Banco de Libros do Concello de Teo aínda quedan lotes de libros que
poden ser usados por alumnos/as de 5º de primaria. A edil María Álvarez
Garea explica que “neste momento quedan exemplares tanto para o centro
da Ramallosa, coma para Calo, nos dous casos para 5º”.
As familias interesadas en beneficiarse do Banco de libros impulsado
dende o Concello poden achegarse á Aula de informática, no Centro
Sociocultural da Ramallosa e cubrir a ficha de solicitude. A concelleira
de Educación explica que a maior demanda neste primeiro ano de
funcionamento do servizo de préstamos foi de libros de 6º de primaria,
polo que as familias solicitantes á súa vez, cederon lotes do último
curso, neste caso 5º de primaria.
O Concello de Teo, a través da concellería de Educación poñía en marcha
este verán un Banco de Libros para que as familias puideran compartir
libros de texto e de lectura en bo estado. Esta iniciativa busca servir
de apoio económico ás familias.
10 de septiembre de 2012
ESCOLAS DEPORTIVAS PARA NENOS/AS CONCELLO DE TEO 2012/2013
Ábrese o prazo para a preinscrición nas escolas deportivas para nenos/as
31/08/2012 O Concello de Teo abre o
prazo de preinscrición para as escolas deportivas para nenos/as para o
curso 2012/13. O prazo de preinscrición será entre o 1 e o 20 de
setembro. A admisión farase por rigurosa orde de entrada da ficha de
solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Lugar de solicitude: Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas.
Prazo:O
prazo para a preinscrición remata o 20 de setembro. A listaxe de
admitidos publicarase o 24 e matrícula debe formalizarse entre o 24 e o
29 de setembro.
En prazo de presentación: 01/09/2012 - 20/09/2012
7 de septiembre de 2012
GRATUIDADE SOLIDARIA: CURSO 2012/2013
Obxecto da convocatoria e procedemento
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros
de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013. mais .......
4 de septiembre de 2012
ESCOLAS CULTURAIS DO CONCELLO DE TEO PARA O CURSO 2012/2013
Ábrese o prazo para a preinscrición nas escolas culturais para o curso 2012/13
31/08/2012 O Concello de Teo abre o prazo
de preinscrición para as escolas culturais para nenos/as e adultos/as
para o curso 2012/13. O prazo de preinscrición será entre o 1 e o 20 de
setembro. A admisión farase por rigurosa orde de entrada da ficha de
solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Lugar de solicitude:
Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas.
Prazo:
O
prazo para a preinscrición remata o 20 de setembro. A listaxe de
admitidos publicarase o 24 e matrícula debe formalizarse entre o 24 e o
29 de setembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


