17 de octubre de 2012
ANAPA RIO TELLA NA FOLGA DE NAIS E PAIS
A xunta directiva do ANPA Rio Tella, posiciónase a favor da Folga de nais e pais convocada para o Xoves 18 de Outubro de 2012
A LEI WERT A EXAME
Estimados amigos e amigas.
Xuntamos información da xornada "A Lei wert a exame"que terá lugar na Coruña o día 27 de outubro (sábado) organizada por CONFAPA-GALICIA como debate-coloquio para coñecer o anteproxecto de lei orgánica de educación LOMCE e facer unha análise do seu contido e dos cambios comparativos coa LOE
Lugar: Centro Cívico de Os Mallos. Avda. Arteixo, 147 A Coruña.
Un saúdo
Xunta directiva
Federación Provincial ANPAs
A Coruña
Documentación
Noticia de CONFAPA-GALICIA
15 de octubre de 2012
18 DE OUTUBRO FOLGA DE NAIS E PAIS
CONFAPA-GALICIA
SECUNDA A INICIATIVA DE CEAPA DE SUMARSE
Á
FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES PARA CONVERTILA NUNHA
ACTUACIÓN CONXUNTA DO ALUMNADO E AS FAMILIAS
Entre
outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga
para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera
que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente
do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen
precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes
recortes na educación pública que, no contexto actual, vense
agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente
inaceptables.
Iniciamos
un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos;
pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias,
ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da
Comunidade Educativa, eleven a súa voz
para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a
seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno,
que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.
Alumnos e pais estamos
soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que
castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono
educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É
intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a
tomar.
Sobran os motivos, mais
queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias
movilizarémonos conxuntamente porque:
--Non
aceptamos un novo cambio de Lei educativa.
A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en
modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer
agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o
actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras
para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando
datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos
contrastados.
--Non
aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio
exclusivo da iniciativa privada,
desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da
educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a
vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e
facer cumprir o marco legal vixente.
--Non
aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás
familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis,
creándoas onde non existían- , incumplindo
o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de
acceso en igualdade de condicións.
--Non aceptamos que que
os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao
profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que
goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío,
nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e
dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen
bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans
da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En
definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA
AQUÍ CHEGAMOS
e
esiximos,
--O cese fulminante do
Ministro Wert e de todo o seu equipo
--A retirada inmediata do
inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
--A paralización
inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino
público
--A apertura, cun novo
equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes
sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso
preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.
FACEMOS
UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS
para
que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais,
consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para
defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que
facilitedes a posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo
as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas
manifestacións de estudantes a celebrar na mañán do día 17 e,
todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do
día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito,
pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos
piquetes informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar
unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde
nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese
camiño.
Cadro de accións semanal
Descarga:
Anteproyecto de ley orgánica para la mejora de la calidad educativa LOMCE
Comunicado LOMCE Plataforma defensa do ensino público
Comunicado Federación Provincial de ANPAs de apoio a Folga do 18 de outubro
Noticia de:
9 de octubre de 2012
PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES PRIMERO TRIMESTRE
Lembramos que o prazo de pagamento das actividades do primeiro trimestre remata o día 30 de outubro de 2012
O importe das actividades e da cota anual da ANPA ingresaranse en NOVAGALICIA Banco, oficina de Cacheiras, o número de conta é:
NOVAGALICIA Banco 2080 0719 01 3040002062
Lembrade que se debe indicar no concepto o nome e apelidos d@ nen@ así como das actividades nas que se inscribe, non da persoa que fai o ingreso. Exemplo:
MANUEL FERNÁNDEZ GARCÍA - JUDO, XEDREZ E COTA ANPA.
6 de octubre de 2012
NOTA INFORMATIVA DA ASAMBLEA ORDINARIA DO 3 DE OUTUBRO DE 2012
O pasado 3 de outubro celebrouse a Asemblea Ordinaria da ANPA Río Tella, na que figuraban os seguintes puntos na orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior
- Aprobación das contas do curso 2011-2012
- Presentación do programa de actividades
- Rogos e preguntas
Pasamos a resumir cada un destes puntos.
1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior.
Laura Mª Lojo Rodríguez, como secretaria da ANPA, procedeu á lectura da acta, que foi aprobada pola totalidade dos asistentes.
2. Aprobación das contas do curso 2011-2012
Arantza Portabales Santomé, como tesoureira da ANPA, entregou aos asistentes un resumo de ingresos e gastos correspondentes ao curso 2011-2012, explicando aos presentes na reunión os conceptos sinalados no devandito resumo. As contas foron aprobadas pola totalidade dos asistentes.
3. Presentación do programa de actividades
Mercé Morros Torrents, como presidenta da ANPA, presentou o programa de actividades para o curso 2012-2013. Algúns asistentes interesáronse sobre algunhas cuestións particulares de certas actividades, cuestións que foron respondidas e aclaradas polos membros da directiva da ANPA.
4. Rogos e preguntas
Neste punto Xavier Valiño García, representante da ANPA no Conselo
Neste punto Xavier Valiño García, representante da ANPA no Conselo
Escolar, fixo un pequeno resumo do falado no Conselo celebrado o día 2 de outubro de 2012.
Algúns asistentes formularon queixas sobres o funcionamento do servizo de comedor. Tralo debate, acordouse que os membros da xunta directiva da ANPA se informarán nos próximos días dos posibles problemas que hai no servizo de comedor e que poidan afectar aos alumnos do centro.
Un saúdo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

