13 de noviembre de 2012

ACTIVIDADES E PROGRAMAS EDUCATIVOS . CONCELLO DE TEO


A Concellaría de Educación vai desenvolver neste curso diversos programas de apoio á comunidade escolar nos distintos ámbitos e contidos educativos escolares e non escolares. Estes programas perseguen o obxectivo de complementar e enriquecer pedagóxica e culturalmente aos cidadáns e cidadás en idade escolar, continuando o proceso da educación máis alá do eido estritamente formal. 

Estes programas pretenden axudar a construír unha sociedade que participe activamente no proceso colectivo de interpretación do medio onde se desenvolven as nosas vidas. Cada unha destas propostas leva implícita un proceso de educación en valores a través de experiencias positivas e lúdicas.


Concello de Teo. 

OLLOS DE AULA


Prezados/as amigos/as,


Xa tedes nas vosas mans o Nº 2 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Como sabedes, está pensada como unha ferramenta máis de apoio ao traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do voso centro mais coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e moi especialmente ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.



Gustaríanos que dende a humildade destas oito páxinas, Ollos de aula servise de canle de comunicación entre o centro e as familias, entre os equipos e as familias, etc., por iso non dubidedes en poñervos en contacto con nós para facernos chegar calquera consulta, suxestión, etc.: ollosdeaula@gmail.com <mailto:ollosdeaula@gmail.com> .



Ollos de aula é unha revista da CGENDL mais dende os Equipos podedes personalizala para adecuala ao voso centro e ao voso contorno respectando o deseño orixinal. Para iso podedes botar man de programas como Adobe Acrobat Professional ou Photoshop ou simplemente encartar alguna folla propia, mais, como comprenderedes, non podemos enviar a maquetación aberta.






Saúdos. 

Consello Directivo

CGENDL

18 de octubre de 2012

COMUNICADO DA DIRECCION DO CEIP A RAMALLOSA



A/A das nais e pais das/os alumnas/os usuarias/os do comedor

Estimados pais:

Pola presente informámolos de que o Consello Escolar respaldou a proposta da dirección e da encargada de comedor para que as nais/pais das alumnas/os usuarias/os do servizo de comerdor poideran comprobar por si mesmas/os como se desenvolve a diario esta actividade. Por iso, convidámolas/os a que cando queiran se acheguen aoi colxio, de 14:30 a 15:30, para aisitir a un turno de comida.

Coa fin de evitar a coincidencia de varias persoas no mesmo día, pregámoslles que comuniquen a data con antelación poñéndose en contacto coa directora.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

A Ramallosa, a 17 de outubro de 2012
                                                                                                           A Dirección

CEIP A RAMALLOSA
A Ramallosa - Teo
15883 - A Coruña 
Teléfono e fax 981809056

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.