3 de junio de 2014

EXCRUSIÓN FIN DE CURSO - ILLA DE ONS- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 5 DE XUÑO

Quedan prazas libres para a excursión a ONS. Ampliamos o prazo de inscrición ata ou día 5 ás 15h.

Este ano a excursión anual de fin de curso promovida pola ANPA será o sábado 14 de xuño ás Illas Ons (Parque Nacional das Illas Atlánticas). A programación é a seguinte:

•            10.00 h. Saída en bus do Colexio A Ramallosa.
•            11.00 h. Chegada ao porto de Bueu.
•            12.00 h. Saída do barco.
•            12.45 h. Chegada ás Illas Ons.
•            13.00 h. Ruta. (optativa)
•            14.30 Comida libre. As familias poderán levar a súa comida ou comer no restaurante da illa.
•            Tarde libre para disfrutar da praia ou realizar algunha outra ruta guiada. 
•            16.00 h. Busqueda PIRATA. (Xogo da búsqueda do tesouro organizada para os nenos)
•            19.30 h. Saída do barco cara Bueu.
•            20.15 h. Chegada ao porto de Bueu.
•            20.25 h. Saída en bus cara a Ramallosa.  
•            21.30 h. Aproximadamente Chegada ao Colexio da Ramallosa.

O prezo da mesma é de 24,5 euros que será subvencionado para os socios da ANPA (subvención de 10 euros por persoa).

O precio por persona para os socios da ANPA é de 14,5 euros.

Esta viaxe inclúe os desprazamentos en bus e barco, ruta guiada e animación en destino (Búsqueda del Tesoro) para que os nenos pasen un día xenial. 

Para inscribirvos debedes ingresar ANTES DO DÍA 5 de junio als 15h., o importe correspondente (14,5€ por persoa para socios, e 24,5€ para non socios) na conta da ANPA co nome e apelido da familia e enviar un correo electrónico co nome dos inscritos e un teléfono de contacto a: anpariotella@gmail.com

Conta da Anpa: NOVAGALICIA Banco 2080 0719 01 3040002062.Para inscribirvos debedes ingresar o importe correspondente (15 euros por persoa) na conta do ANPA co nome e apelido da familia e enviar el xustificante ao correo da anpa: anpariotella@gmail.com
Conta da Anpa: NOVAGALICIA Banco 2080 0719 01 3040002062.

2 de junio de 2014

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014 EN ARCOSTILOS




Xa chegan os  CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014 en Arcostilos,  este ano cargados de novidades e novas propostas atendendo a unha maior CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL, así como reforzo educativo.

Seguindo esta línea, ofrecemos HORARIO CONTINUADO, de 7:30 a 20:30horas , excepto o mes de Agosto que será só horario de mañá, de 7:30 a 15:30h

Seguindo esta línea, ofrecemos HORARIO CONTINUADO, de 7:30 a 20:30horas , excepto o mes de Agosto que será só horario de mañá, de 7:30 a 15:30h
(*Consulta as diferentes combinacións horarias).
Contamos con diferentes modalidades de campamento:

  •  IX Campamento de Xuño: Comeza o verán nos Tilos. Nados a partir do 2011
  • XII Campamento Infantil: Un verán distinto... un verán nos Tilos (de mañán) Nados entre o 2011 e 2005
  • VII Campamento Xuvenil: Pasiño a pasiño (de mañán) Nados a partir do 2004
  •  II  Campamento Aviva a túa mente: Campamento de Apoio Educativo (de mañán), só no mes de Xullo. Dende 3º de Primaria ata 4º ESO. Nados entre 2005 e 1999
  • II  Campamento Expedición Tilos: Campamento de tarde. Só no mes de Xullo. Nados entre 2011 a 2000
  •  IX Campamento de Setembro: Impúlsate nos Tilos. Nados a partir do 2011
As quendas:

  • Xuño: do 23 ó 30 de Xuño.-  Xullo e Agosto: 1ª Quenda: 1 ao 15 de Xullo/ 2ª Quenda: 16 ao 31 de Xullo/ 3ª Quenda: 1 ao 14 de Agosto/ 4ª Quenda: 18 ao 29 de Agosto
  • Setembro: 1 ata comezo do cole (*Pendente publicación calendario escolar)

Coma sempre contamos con un amplo abano de actividades deportivas, creativas, educativas, de ocio e tempo libre, ... atendendo ao grupo de participantes. 



  • Setembro: 1 ata comezo do cole (*Pendente publicación calendario escolar)
Coma sempre contamos con un amplo abano de actividades deportivas, creativas, educativas, de ocio e tempo libre, ... atendendo ao grupo de participantes.

Poden consultar prezos e actividades en datos axuntos. Axuntamos tamén a folla de inscrición.
INSCRICIÓN:
Prazo de inscrición ata o 19 de xuño
É necesario formalizala entregando a ficha de inscrición debidamente cuberta.
Contamos con vós, reservade xa a vosa praza!!!!
Un saúdo
O equipo da Asociación Recreativa e Cultural os Tilos.

--
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS
Rúa Ameneiro Núm.8 (Baixos Parroquiais)
15894 Os Tilos - Teo
Tfno./Fax : 981 819 501
Móbil: 673769537
Web: www.arcostilos.org

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. CURSO ESCOLAR 2014/15

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. 

26 de mayo de 2014

PROGRAMA - VIII FESTIVAL SOLIDARIO ANPA RÍO TELLA



ENQUISA SOBRE O ENSINO EN GALICIA




Estanse adoptando e plantexando cambios importantes no eido educativo sin contar co pronunciamento dunha parte vital da comunidade educativa; os estudantes, representados por sí mesmos - no caso dos universitarios, e polos seus pais-titores nos ensinos de infantil, primaria e secundaria. 

Dende a Plataforma “Somos Parte” queremos dar voz aos pais e titores. Queremos saber cal é a vosa opinión sobre materias de gran importancia no ensino dos vosos fillos. 

Hoxe queremos saber qué opinades sobre o papel da asignatura de relixión nas aulas. Para iso, pedímosvos que participedes na consulta que estamos a facer en todos os centros de ensino público de Teo. 

Plantexámosvos dúas preguntas con respostas diferentes. Por favor, contestade ambas preguntas marcando unha soa resposta. O cuestionario está duplicado para que ambos pais-titores podan dar a súa opinión. Por favor, asinadeo para que a vosa opinión teña valor administrativo. 

Poderedes deixar o voso cuestionario na urna que estará dispoñible na entrada do colexio dende o Venres 30/05/2014 ata o Martes 3/06/2014. 

O voto poderase presentar a través de terceiros, sempre que veña asinado. O reconto de votos farese en presenza da Xuíza de Paz do Concello de Teo, Rosa Gómez Limia. Os resultados expoñeranse na nosa web: somosparte.org 

Si o resultado do referendo é contrario a situación actual, uniráse os dos outros centros consultados e se instará un procedemento administrativo solicitando a adopción de novas medidas que se axusten aos criterios da comunidade educativa, co apoio de todos os votos que respalden medidas de cambio. 

Moitas grazas por ser parte.

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.