26 de mayo de 2014

ENQUISA SOBRE O ENSINO EN GALICIA




Estanse adoptando e plantexando cambios importantes no eido educativo sin contar co pronunciamento dunha parte vital da comunidade educativa; os estudantes, representados por sí mesmos - no caso dos universitarios, e polos seus pais-titores nos ensinos de infantil, primaria e secundaria. 

Dende a Plataforma “Somos Parte” queremos dar voz aos pais e titores. Queremos saber cal é a vosa opinión sobre materias de gran importancia no ensino dos vosos fillos. 

Hoxe queremos saber qué opinades sobre o papel da asignatura de relixión nas aulas. Para iso, pedímosvos que participedes na consulta que estamos a facer en todos os centros de ensino público de Teo. 

Plantexámosvos dúas preguntas con respostas diferentes. Por favor, contestade ambas preguntas marcando unha soa resposta. O cuestionario está duplicado para que ambos pais-titores podan dar a súa opinión. Por favor, asinadeo para que a vosa opinión teña valor administrativo. 

Poderedes deixar o voso cuestionario na urna que estará dispoñible na entrada do colexio dende o Venres 30/05/2014 ata o Martes 3/06/2014. 

O voto poderase presentar a través de terceiros, sempre que veña asinado. O reconto de votos farese en presenza da Xuíza de Paz do Concello de Teo, Rosa Gómez Limia. Os resultados expoñeranse na nosa web: somosparte.org 

Si o resultado do referendo é contrario a situación actual, uniráse os dos outros centros consultados e se instará un procedemento administrativo solicitando a adopción de novas medidas que se axusten aos criterios da comunidade educativa, co apoio de todos os votos que respalden medidas de cambio. 

Moitas grazas por ser parte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.