26 de junio de 2014

CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015

DOG Núm. 120                                Xoves, 26 de xuño de 2014

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.



17 de junio de 2014

COMENZA A RECOLLIDA DE LIBROS PARA O BANCO MUNICIPAL

O Concello de Teo abre o prazo de recollida de libros para o Banco municipal para o curso 2014/15. Esta iniciativa funciona en Teo por terceiro ano consecutivo e a concelleira de Educación, María Álvarez Garea, destaca “o incremento de doazóns que tivemos o ano pasado respecto do primeiro ano que agardamos que se volva a dar neste curso”.
Para o curso actual puideron prestarse un total de 227 libros que beneficiaron a 56 usuarios/as. Os cursos nos que máis libros se doaron foron 4º, 5º e 6º de primaria e os centros nos que se concentraron esas entregas foron Ramallosa e Calo xa que nos Tilos xestiona o banco a ANPA. O primeiro ano de funcionamento do Banco, o verán de 2012, recibíranse só 62 libros.
 
As persoas interesadas en entregar libros poden facelo entre o 23 de xuño e o 4 de xullo en horario de 09:30 ás 13:30 horas na Aula de informática, situada no CSC da Ramallosa. O 25 de xuño a entrega poderase facer só entre as 16:00 e as 20:00 horas. As doazóns deben ser de libros de texto usados nos colexios públicos do Concello que sexan válidos segundo as listas de libros do curso 2014/15. Deben estar en bo estado de conservación. Para estas entregas quedan excluídos libros que se utilicen como cadernos ou nos que se escriba, moi habitual nos volumes de Educación Infantil e nalgúns de primeiro ciclo de Primaria. Cando se fai a entrega hai que presentar unha ficha cos datos persoais e a lista dos libros. Esta ficha , que é igual para facer doazóns que para solicitar libros xa se pode descargar aquí 
 
As persoas que soliciten o préstamos de libros deben facer a petición presentando a ficha e seralles notificado a partir do 8 de xullo a data e o horario de entrega dos libros. Poden doar e/ou solicitar familias con fillos/as escolarizados nos centros públicos do Concello. As persoas que reciban libros deben ademais comprometerse a devolvelos ó remate do curso en bo estado.

Para seleccionar ás familias demandantes terase en conta en primeiro lugar as familias que conten cun informe de Servizos Sociais que aconselle o préstamo. Despois atenderase por prioridade as unidades con máis puntos tendo en conta que as familias que doaran libros recibirán un punto por cada libro de texto entregado e as familias con máis dun fillo/a tamén terán un punto por cada fillo. A continuación atenderase o resto das unidades familiares.

Dende Educación destacan que iniciativas coma esta buscan varios obxectivos positivos e complementarios “dende apoiar economicamente ás familias reducindo os gastos asociados á escolarización ata sensibilizar á comunidade educativa no coidado e reutilización dos libros de texto ou xerar actitudes solidarias”.  

4 de junio de 2014

RENOVACIÓN DA DIRECTIVA DO ANPA RIO TELLA - CURSO 2014/2015


Queremos chamar á vosa atención sobre o proceso de elección de cargos na directiva da ANPA, que logo de varios anos de traballo ve a necesidade dunha renovación. 

Deste xeito, animámosvos a que consideredes a posibilidade de formar parte dun novo equipo directivo da ANPA, unha actividade que agora máis que nunca é fundamental para garantir o dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación pública de calidade, especialmente tendo en conta que, coa entrada en vigor da nova Lei de Educación —LOMCE— o Consello Escolar pasara a ser un órgano exclusivamente consultivo, con pouca capacidade de intervir de xeito directo nas decisións que atinxen ça educación dos nosos fillos e fillas. 

De non existir candidatos ou candidatas dispostos a exercer esta responsabilidade, procederíase á disolución da ANPA, o que levaría asociado a desaparición dunha serie de servizos (actividades extraescolares, servizo de madrugadores), así como de ingresos económicos a través de subvencións imprescindibles para diversas actuacións coas que se sufragan melloras no centro e outras actividades. Agardamos a vosa asistencia.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.

ANPA ‘Río Tella’

EXPOSICIÓN DO TALLER DE ARTES PLÁSTICAS DE IE CEIP A RAMALLOSA

Una vez más, tenemos la enorme satisfacción de invitarles a la exposición de todo el trabajo realizado en este curso de ciclo de Taller de Artes Plásticas de la IE CEIP A Ramallosa.

Agardámosvos en Common Casa Oza el viernes 19 junio a 21 julio horas, y los sábados de 11 a 13:30.


Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.