3 de marzo de 2017
25 de enero de 2017
COLOCACIÓN DA PORTA DO PASILLO DE INFANTIL
Este curso 2016/2017 o ANPA Río Tella a subvencionado integramente a colocación dunha porta no corredor de Infantil, co propósito de crear un illamento térmico, dado que ese corredor é o máis frío de todo o CEIP A Ramallosa.
Pasado un tempo desde a colocación e consultando aos profesores e aos pais que teñen alumnos nestes cursos dinnos que se nota o incremento da temperatura.
Sabemos que non é a solución definitiva, xa que o edificio é moi antigo e ten un problema de illamento xeral nas xanelas e as portas.
Seguiremos traballando para reclamar á Xunta unha remodelación xeral en todo o CEIP igual que se fixo noutros centros da comarca de Santiago que tiñan o mesmo problema de antigüidade e illamento.
Por iso pedímosvos participación no ANPA Río Tella.
Saúdos.
23 de enero de 2017
AULA DE FAMILIAS. APRENDENDO A MEDRAR EN EQUILIBRIO
Aula de familias.
Aprendendo a
medrar en equilibrio.
Obradoiro sobre
intelixencia emocional para mellorar o xeito de relacionarse e comunicarse cos
fillos e fillas.
Impartido por
Alícia López García, profesora e orientadora do calexio La Salle de Santiago de
Compostela. Coach Individual e de
equipos.
Asistencia ao taller, 47 persoas.
Desde as ANPAS de Teo, consideramos que este tipo de talleres é necesario,
e apostamos por crear un programa de talleres sobre a educación infantil e
xuvenil, así como talleres orientados á detección de problemas na conduta dos
nosos fillos, relacionados co día a día nas aulas.
Esperamos que os próximos talleres teñan esta ou máis aceptación.
13 de enero de 2017
12 de enero de 2017
PAGO ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE
Comezamos o
segundo trimestre das actividades extraescolares do ANPA Río Tella.
Xa están
dispoñibles as follas de autoliquidación para efectuar o pago das actividades.
En todas as actividades menos en piscina faremos chegar esta folla a través dos
monitores ou responsable da actividade. Tamén podes descargala no grupo de
Facebook do ANPA Río Tella ou no Blog.
Unha vez
efectuado o pago entregarase ao monitor da actividade a folla deautoliquidación
cumprimentada e o resgardo de pago bancario. Se se fai por
transferencia electrónica imprimir o pdf xustificativo e entregalo xunto á follade autoliquidación.
Para os alumnos
de piscina, enviarémoslles por correo electrónico a folla de autoliquidación,
que deberán entregar xunto ao xustificante bancario na Conserjería do CEIP A
Ramallosa. Tamén poderán retirar a folla de autoliquidación na Conserjería a
partir do luns 15 de xaneiro de 2017.
O prazo de
entrega os documentos finaliza o día 27 de xaneiro de 2017.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




