30 de mayo de 2013

CHARLA SOBRE SEGURIDADE NA REDE


A ANPA Río Tella, a través do seu representante no Consello Escolar, propuxo a participación no III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar e solicitar unha charla da Guarda Civil dirixida ás nais, pais ou titores/as sobre o risco de intrnet. Esta charla xa tivo lugar este curso no colexio e estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º e a todo o profesorado do centro.

O colexio solicitou e foi atentida de novo esta intervencción da Guarda Civil e concertouse esta cita para o xoves, día 13 as 20:00 da tarde no salón de actos do colexio. 

A petición do ANPA, enviámoslle est circular para tentar darlle a máxima difuxión entre a Comunidade Educativa e, tamén en nome do colexio, queremos animalos a que participen nesta actividade que consideramos de moito intrese para as familias. 



SEGURIDADE NA REDE
Xoves 13 de xuño as 20:00 horas

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR 28/05/2013

Resumo consello escolar 28/05/2013.

Con data 27/05/2013 convocáronnos para o consello escolar extraordinario coa seguinte orde do día.
  • Aprobación, se procede, dos Plans: PLAMBE; Formación; Sección Bilingüe e Libros de Texto.
Plambe. Plan relacionado coa organización e xestión da biblioteca. Tratase dunha renovación, pois xa levamos con el 5 anos.  Elaborarase semellante aos anos anteriores, pois está funcionando ben (séguese coa hora de ler, mochilas viaxeiras, préstamos, actividades relacionadas coas distintas celebracións, …). Os presentes aprobamos o seguir participando neste programa.

Sección bilingüe. Refírese a materias impartidas en inglés. Actualmente estase a impartir, plástica en inglés no curso de 6º. Preténdese incluír aos de 5º curso, tamén para plástica. Posibilidades de incorporar psicomotricidade  en inglés nos primeiros anos. De todos xeitos isto dependerá do perfil dos mestres que se incorporen. Aprobouse.

Contratos programa. Programas de formación. Segue adiante PROA, pendente da persoa que o vai a coordinar. Os programas de formación van destinados aos profesores, en función das necesidades do persoal do centro. Aprobouse.

Van a seguir os mesmos libros que no presente curso.

As unidades que se organizan para o próximo curso son: 2 aulas de 3 anos, 2 de catro, 2 de cinco, 2 de 1º curso, 2 de 2º, 3 de 3º, 3 de 4º, e dúas ou tres de quinto, ou tres ou dúas de sexto (estas en función dos que repitan). Total de unidades 21.

A Garda Civil xa recibiu a solicitude para impartir unha charla no centro (sobre seguridade na rede). Estamos a espera de fixar data.

Saúdos.
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.