30 de mayo de 2013

RESUMO DO CONSELLO ESCOLAR 28/05/2013

Resumo consello escolar 28/05/2013.

Con data 27/05/2013 convocáronnos para o consello escolar extraordinario coa seguinte orde do día.
  • Aprobación, se procede, dos Plans: PLAMBE; Formación; Sección Bilingüe e Libros de Texto.
Plambe. Plan relacionado coa organización e xestión da biblioteca. Tratase dunha renovación, pois xa levamos con el 5 anos.  Elaborarase semellante aos anos anteriores, pois está funcionando ben (séguese coa hora de ler, mochilas viaxeiras, préstamos, actividades relacionadas coas distintas celebracións, …). Os presentes aprobamos o seguir participando neste programa.

Sección bilingüe. Refírese a materias impartidas en inglés. Actualmente estase a impartir, plástica en inglés no curso de 6º. Preténdese incluír aos de 5º curso, tamén para plástica. Posibilidades de incorporar psicomotricidade  en inglés nos primeiros anos. De todos xeitos isto dependerá do perfil dos mestres que se incorporen. Aprobouse.

Contratos programa. Programas de formación. Segue adiante PROA, pendente da persoa que o vai a coordinar. Os programas de formación van destinados aos profesores, en función das necesidades do persoal do centro. Aprobouse.

Van a seguir os mesmos libros que no presente curso.

As unidades que se organizan para o próximo curso son: 2 aulas de 3 anos, 2 de catro, 2 de cinco, 2 de 1º curso, 2 de 2º, 3 de 3º, 3 de 4º, e dúas ou tres de quinto, ou tres ou dúas de sexto (estas en función dos que repitan). Total de unidades 21.

A Garda Civil xa recibiu a solicitude para impartir unha charla no centro (sobre seguridade na rede). Estamos a espera de fixar data.

Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.